Forseti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Forseti zu Gericht sitzend.jpg|dereita|miniatura|300px|Forseti sentado nun xuízo (1881) de [[Carl Emil Doepler]].]]
'''Forseti''' (en [[nórdico antigo]] "o que preside", actualmente "[[presidente]]" en [[lingua islandesa|islandés moderno]] e [[lingua ferosa|feroés]]) é o [[Æsir]] (deus) da [[xustiza]], a [[paz]] e a [[verdade]] na [[mitoloxía nórdica]]. É fillo de [[Baldr]] e [[Nanna]]. O seu fogar era [[Glitnir]], significando ''brillante'', referíndose ao teito prateado do vestíbulo e os seus dourados piares, dos cales irradiaban luz que podía ser vista dende unha gran distancia.
 
Forseti era considerado o máis sabio e elocuente dos deuses de [[Asgard]]. En contraste co seu deus compañeiro [[Tyr]], quen presidía os sanguentos asuntos da lei carnal, Forseti presidía as disputas resolvéndoas mediante a mediación. Sentaba no seu vestíbulo, dispensando xustiza a aqueles que a buscaban, e dicíase que sempre podía prover unha solución que todas as partes consideraran xusta. Como o seu pai [[Balder]], Forseti era un deus doce e favorecía a paz de modo que todos os xulgados por el podían vivir en seguridade en tanto cumprisen a súa sentenza. Forseti era tan respectado que só os máis solemnes xuramentos eran pronunciados no seu nome.