Diferenzas entre revisións de «Literatura en lingua inglesa»

Os poemas compostos agrúpanse en tres "tradicións" diferentes:
 
* 1º Aqueles que pertencen á ''"tradición popular"'': Tratan temas que teñan relación coa vida cotiá co propósito de entreter á xente. A relación entre dous amantes tende a ser un tema recurrente. Hoxe se conservan en manuscritos[[manuscrito]]s e escolmas[[escolma]]s literarias como os "Harley Lyrics".
 
* 2º Aqueles que pertencen á ''"tradición clerical"'': Feitas co propósito de proclamar a doutrina cristiá. Moitas delas son copias de pasaxes tiradas da Biblia ou diálogos entre figuras relixiosas.
* 3º Aqueles que pertencen á ''"tradición do amor cortés"'' (Courtly Love Tradition): Esta tradición comezou na [[Provenza]] francesa. As composicións dos trobadores eran reclamadas por mulleres pertencentes ás clases altas xa que este tipo de literatura resalta as virtudes da [[muller]]. [[Leonor de Aquitania]] e a súa filla Marie eran especialmente afeccionadas a este tipo de poesía. Estaban moi satisfeitas coa prominencia e idealización da muller.
 
Trátanse de composicións curtas, cunha estrutura repetitiva e un estilo simple. Os poetas acostumaban a contar as sílabas, son composicións con ''[[rima'']] e a ''[[estrofa'']] adoita a estar moi elaborada. Este peculiar patrón fainas doadas de lembrar.