Diferenzas entre revisións de «Literatura en lingua inglesa»

=== Poesía ===
 
A poesía que se compón na [[Inglaterra]] medieval pódese dividir en dous grandes bloques: a poesía anterior ao [[século XIV]] e a posterior. Na Inglaterra do século XIV ten lugar o xurdimento do [[nacionalismo inglés]] como movemento cultural e social que rexeita, particularmente na literatura, os patróns de composición poética que veñen dende [[Francia]] e aposta pola revitalización da [[poesía]] aliterativa tradicional anglosaxoa.
 
Antes do xurdimento deste [[nacionalismo]] cultural que se desenvolveu ao longo do século XIV, en Inglaterra, atópase unha actitude de imitación á lírica francesa que se estaba a desenvolver na Francia da época. Esta práctica é común no medievo inglés. A orixinalidade non é importante. Prácticas como a imitación, a alusión e a tradución son moi habituais.
 
Os poemas compostos agrúpanse en tres "tradicións" diferentes:
 
* 1º Aqueles que pertencen á ''"tradición popular"'': Tratan temas que teñan relación coa vida cotiá co propósito de entreter á xente. A relación entre dous amantes tende a ser un tema recurrente. Hoxe se conservan en manuscritos e escolmas literarias como os "Harley Lyrics".
* 1º Aqueles que pertencen á "tradición popular".
Feitas co propósito de entreter á xente
* 2º Aqueles que pertencen á "tradición clerical".
* 3º Aqueles que pertencen á "tradición do amor cortés" (Courtly Love Tradition).
 
* 2º Aqueles que pertencen á ''"tradición clerical"'': Feitas co propósito de proclamar a doutrina cristiá. Moitas delas son copias de pasaxes tiradas da Biblia ou diálogos entre figuras relixiosas.
Trátanse de composicións curtas, cunha estrutura repetitiva e un estilo simple. Os poetas acostumaban a contar as sílabas, son composicións con rima e a estrofa adoita a estar moi elaborada. Este peculiar patrón fainas doadas de lembrar.
 
* 3º Aqueles que pertencen á ''"tradición do amor cortés"'' (Courtly Love Tradition): Esta tradición comezou na [[Provenza]] francesa. As composicións dos trobadores eran reclamadas por mulleres pertencentes ás clases altas xa que este tipo de literatura resalta as virtudes da [[muller]]. [[Leonor de Aquitania]] e a súa filla Marie eran especialmente afeccionadas a este tipo de poesía. Estaban moi satisfeitas coa prominencia e idealización da muller.
 
Trátanse de composicións curtas, cunha estrutura repetitiva e un estilo simple. Os poetas acostumaban a contar as sílabas, son composicións con ''rima'' e a ''estrofa'' adoita a estar moi elaborada. Este peculiar patrón fainas doadas de lembrar.