Literatura en lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 104:
 
A grande obra en prosa do medievo inglés é o Domesday Book. É unha das primeiras obras escritas na Idade Media inglesa. Trátase dunha [[escolma]] de todas as posesións que o novo rei, Guillerme I, tiña en [[Inglaterra]]. Data do [[século XI]] e foi encargado polo propio Guillerme I o Conquistador. É un libro comparable e contrastable á [[Crónica Anglosaxoa]] do periodo literario anterior.
 
=== Poesía ===
 
A poesía que se compón na Inglaterra medieval pódese dividir en dous grandes bloques: a poesía anterior ao século XIV e a posterior. Na Inglaterra do século XIV ten lugar o xurdimento do nacionalismo inglés como movemento cultural e social que rexeita, particularmente na literatura, os patróns de composición poética que veñen dende Francia e aposta pola revitalización da poesía aliterativa tradicional anglosaxoa.
 
Antes do xurdimento deste nacionalismo cultural que se desenvolveu ao longo do século XIV, en Inglaterra, atópase unha actitude de imitación á lírica francesa que se estaba a desenvolver na Francia da época. Esta práctica é común no medievo inglés. A orixinalidade non é importante. Prácticas como a imitación, a alusión e a tradución son moi habituais.
 
Os poemas compostos agrúpanse tres "tradicións" diferentes:
 
* 1º Aqueles que pertencen á "tradición popular".
Feitas co propósito de entreter á xente
* 2º Aqueles que pertencen á "tradición clerical".
* 3º Aqueles que pertencen á "tradición do amor cortés" (Courtly Love Tradition).
 
Trátanse de composicións curtas, cunha estrutura repetitiva e un estilo simple. Os poetas acostumaban a contar as sílabas, son composicións con rima e a estrofa adoita a estar moi elaborada. Este peculiar patrón fainas doadas de lembrar.