Dolores Ibárruri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo datas
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 19:
Cando en abril de [[1920]] xurdiu o embrión do que nacería o [[Partido Comunista de España]] ([[PCE]]), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Bolxevique]]. Asistiu, como delegada pola provincia de [[Biscaia]], ao I Congreso do [[PCE]], celebrado en [[1922]], e pasou a integrar o Comité Central do partido en [[1930]]. En setembro de [[1931]], pouco despois da instauración da [[Segunda República Española|II República]], fixou a súa residencia en [[Madrid]] e formou parte da redacción do órgano de prensa do [[PCE]], ''[[Mundo Obrero]]''. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de [[1931]] ata xaneiro de [[1932]], participou en marzo no congreso do partido en [[Sevilla]], pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de [[1933]]. Un ano despois, en [[1934]] acudiu a [[Moscova]] para participar nunha reunión da [[III Internacional]] (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da [[Fronte Popular]] española en xaneiro de [[1936]]. De feito a Pasionaria, nas eleccións de [[1936]], presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.
 
Durante a [[Guerra Civil]], que comezou en xullo de [[1936]], foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!"<ref>Frase orixinal de [[Petain]] en [[Verdún]]</ref> e "antes morir de pie que vivir de rodillas"<ref>Frase orixinal de [[Emiliano Zapata]]</ref> que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido. En marzo de [[1939]], tras o golpe de estado do coronel [[Segismundo Casado]], que destituíu a [[Juan Negrín]], o que por aquel entón era presidente da [[II República española]], Dolores Ibárruri comezou o seu longo exilio na [[URSS]]. Nese país sucedeu a [[José Díaz Ramos|José Díaz]] como secretaria xeral do [[PCE]] en [[1942]], e en [[1960]] foi substituída á súa vez nese cargo por [[Santiago Carrillo]] para pasar a converterse na presidenta do partido. Coa morte de [[Francisco Franco]] regresou a [[España]] en maio de [[1977]] e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu. É autora de memorias e de obras sobre a historia da [[Guerra Civil]] e do [[Partido Comunista de España]].
 
Dolores Ibárruri tivo seis fillos: Ester (1916-1919), Rubén (1921-1942), Amagoya, Azucena e Amaya (estas últimas trillizas nacidas en [[1923]], das que Amagoya morreu ao pouco de nacer e Azucena aos dous anos) e Eva ([[1928]]; morreu aos tres meses). As súas memorias, ''El único camino'', publicáronse en [[1962]].
 
{{Start box}}
{{Succession box| título = [[Ficheiro:Logotipopce.svg|25px]]<br>[[PCE|Secretario Xeral do PCE]] | período = [[1942]] - [[1960]]| predecesor = [[José Díaz Ramos]] | sucesor = [[Santiago Carrillo]] }}
{{End box}}