Lingua osca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Correccións lingüísticas.
m Arranxos varios
Liña 12:
|iso2=ine
|iso3=osc
}}O '''osco''', a lingua dos [[oscos]], formaba parte da rama sabélica da[[linguas itálicas| familia das linguas itálicas]], que á súa vez era unha rama das [[linguas indoeuropeas]], que inclúe o [[umbro]], o [[latín]] e mais o [[falisco]].
Era falado no [[Samnio]] e na [[Campania]], así como na [[Lucania]] e nos [[Abruzos]].
 
Liña 21:
 
== Dialectos ==
Os dialectos oscos comprendían falares dos [[samnitas]], [[marrucinos]], [[pelignos]], [[vestinos]], [[sabinos]] e [[marsos]].
 
== Algúns trazos lingüísticos ==
O osco compartía moitos riscos comúns co latín, aínda que tiñan tamén moitas diferenzas. Por exemplo, o verbo latino ''volo'', ''volui'', ''velle'' e outras formas similares, provenientes da raíz do [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]] *wel- ('querer'), estaban representados en osco por vocábulos derivados da raíz *gher ('desexar'); así, o osco ''herest'' ('desexa, quere') contrasta co latín ''vult'' ('quere'). Ao latín ''locus'' ('lugar, posto') correspondíalle en osco ''slaagid''.
 
A [[fonoloxía]] osca evidencia diferenzas respecto do latín: en osco /p/ equivalía ao /kw/ (qu) latino (Osc. ''pis'', Lat. ''quis''); /b/ equivalía ao /v/ latino; /f/ medial en vez do /b/ ou /d/ (Osc. ''mefiai'', Lat. ''mediae'').
 
Considerado como a máis conservadora de todas as linguas itálicas coñecidas, o osco rivalizaba só co grego en manter intacto o sistema herdado de vocais con [[ditongos]].