Dakar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Dominio colonial francés: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 67:
 
Con todo, o auténtico fundador da cidade foi o [[tenente coronel]] [[enxeñería militar|enxeñeiro]] [[Émile Pinet-Laprade]], quen deseñou o primeiro plano da cidade e as súas rúas, elaborándose o primeiro [[catastro]] da cidade en [[1858]]. Para o [[faro das Mamelles]], as obras iniciáronse en [[1859]], mentres que as obras do [[Porto (comunicacións)|porto]] principiaron en [[1860]].
[[Ficheiro:BlaiseDiagne.jpg|miniatura|esquerda||Fresco nun edificio de Dakar de [[Blaise Diagne]] ([[1872]]-[[1934]]), alcalde de Dakar, primeiro africano na [[Asemblea Nacional Francesa]] e primeiro africano en ocupar un ministerio en Francia.]]
En [[1869]] prodúcese o primeiro desastre da historia da cidade de Dakar, que queda moi seriamente afectada por unha [[epidemia]] de [[cólera]], que provocou a morte do propio Émile Pinet-Laprade, o [[17 de agosto]]. En [[1875]], Dakar substitúe a cidade de Gorea como centro administrativo do seu distrito. Mais, por razóns económicas, parte da clase dirixente da illa de Gorea prefería establecerse na localidade de [[Rufisque]], situada a uns 25 km ao suroeste de Dakar, o que freaba o crecemento urbano de Dakar xa que eran os propietarios de boa parte do solo urbano da mesma. Con todo, para [[1876]] elabórase un novo catastro da cidade, que en [[1878]], xa conta cuns 1.500 habitantes.