Diferenzas entre revisións de «Literatura en lingua inglesa»

== Literatura inglesa medieval ==
 
Durante este período de [[tempo]] ten lugar en [[Inglaterra]] un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo [[inglés]]: [[William I]] o Conquistador]], procedente de [[Francia]], convértese no novo [[rei]] de Inglaterra a partir do [[século XI]]. William invadíu Inglaterra dende [[Normandía]], levando á súa [[armada]] á [[victoria]] na [[Batalla de Hastings]] en [[1066]]. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da [[lingua]] do [[país]], un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste [[idioma]]. Ocasionou unha situación de [[diglosia]] na [[sociedade]] inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentras o [[rei]] e a [[nobreza]] falaban [[francés]], os membros da [[Igrexa]] empregaban [[latín]] e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés).
A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de [[crioulización]] que o inglés sufríu co francés e en menor medida co latín dende a [[Idade Media]]. A palabras de orixe [[xermánico]] propias do anglosaxón orixinal como o adxectivo ''"kingly"'' (monárquico) ou o verbo ''"to ask"'' (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses como ''"royal"'' e ''"to question"'' ou latinos como ''"monarchical"'' e ''"to interrogate"'' respectivamente.