Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mecenado: arranxiño
Liña 96:
Quizais o mecenas aristocrátivo máis importante de Beethoven foi o [[Rodolfo de Austria (1788-1831)|arquiduque Rudolph]], o fillo máis novo do emperador [[Leopoldo II do Sacro Imperio Romano Xermánico|Leopoldo II]], que en [[1803]] ou [[1804]] comezou a estudar piano e composición con Beethoven. Ámbolos dous fixéronse amigos, e os seus enontros continuaron ata [[1824]]<ref>Lockwood (2003) p. 300-301</ref>. Beethoven dedicau 14 composicións a Rudolph, incluídas o [[Trio de piano, Op. 97 (Beethoven)|Archduke Trio]] ([[1811]]) e a gran ''[[Missa solemnis (Beethoven)|Missa solemnis]]'' ([[1823]]). Rudolph, á súa vez, dedicoulle unha das súas propias composicións a Beethoven. As cartas que Beethoven lle escribiu a Rudolph son hoxe gardadas no [[Gesellschaft der Musikfreunde]] en Viena.
 
No outono de [[1808]], tras ser rexeitado para un posto no teatro real, Beethoven recibiu unha oferta do irmán de [[Napoleón]] [[Jérôme Bonaparte]], entón rei de [[Reino de Westfalia|Westfalia]], para o ben pagado posto de ''[[Mestre de capela|Kapellmeister]]'' na corte de [[Kassel]]. Para persuadilo de quedar en Viena, o arquiduque Rudolph, o príncipe Kinsky e o príncipe Lobkowitz, despois de recibir as representacións dos amigos do compositor, comprometéronse a pagarlle a Beethoven unha pensión de 4.000 floríns por ano. Só o arquiduque Rudolph pagou a súa parte da pensión na data acordada<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 195}}</ref>. Kinsky, inmediatamente chamado ao servizo militar, non pagou e morreu ao pouco tempo e morreu despois de caer do seu cabalo. Lobkowitz deixou de pagar en setembro de [[1811]]. Ningún sucesor continuaría pagando o mecenado, e Beethoven baseou os seus ingresos principalmente na venda dos dereitos das composicións e nunha pequena pensión a partir de [[1815]]. Os efectos deses acordos financeiros foron minados en certa medida pola [[Guerras Napoleónicasnapoleónicas|guerra con Francia]], que provocou unha inflación significativa cando o goberno emitíu cartos para pagar os esforzos da guerra.
 
=== O período medio ===