Literatura en lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
== Literatura anglosaxoa ==
Os primeiros traballos en [[inglés]] datan do [[século V]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[Nortumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "scope" ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias.
 
=== Poesía ===
 
Principalmente foron cultivados catro xéneros: a [[poesía épica]], a [[poesía elexíaca]], a [[poesía gnómica]] (máximas e adiviñanzas) e en menor medida a [[prosa]] por mor de ser o [[latín]] a lingua oficial da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da [[literatura anglosaxoa]] que se agrupa en catro manuscritos principais:
Liña 87 ⟶ 89:
''Liñas 1 a 13 de "The Seafarer".''
{{end box}}
 
=== Prosa ===
 
Finalmente, con respecto á prosa, en inglés antigo non se escribíu moita por mor de ser o latín a lingua oficial da igrexa. Cabe facer mención á [[Crónica Anglosaxoa]] (Anglo-Saxon Chronicle) escrita polo rey Alfred the Great (o Grande) e o seu círculo de eruditos. Este [[códice]] consiste nun arquivo anual dos acontecementos históricos e culturais máis importantes de [[Inglaterra]] dende a antigüidade ata o seus propios días. Data do [[século IX]] e, analizando o [[dialecto]] empregado para a narración, pénsase que foi escrito en [[Wessex]].