Diferenzas entre revisións de «Antigo Réxime»

m
m (→‎Sistema político: arranxiño)
[[Ficheiro:Adolph-von-Menzel-Tafelrunde.jpg|miniatura|220px|Voltaire con Federico II en [[Palacio de Sanssouci|Sanssouci]], por [[Adolph von Menzel]] (1850).]]
 
A monarquía francesa dos [[Borbón]], desde a instauración desta dinastía, foi hábilmente afianzándose no poder a partir dunha débil situación, tanto no exterior ([[hexemonía]] española) como no interior, en boa parte pola división relixiosa non resolta polas [[Guerra de religiónrelixión|guerras de relixión]]. [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]], antigo [[protestante]], finalizounas co [[Edicto de Nantes]], que convertía ás prazas de seguridade [[hugonotes]] nun [[estado dentro do estado]]; as [[rexencia]]s nas minorías de idade de [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] e [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] e a personalidade dos [[valido]]s ou [[Ministro (goberno)|ministros]] ([[Cardeal Richelieu|Richelieu]], [[Xullo Mazarino|Mazarino]], [[Jean-Baptiste Colbert|Colbert]]), conseguiron facer de Francia a finais de século a principal [[potencia]] de Europa. Simultaneamente a [[Monarquía Católica|Monarquía Hispánica]] entra na [[Decadencia española|profunda decadencia]] á que contribuíron tanto as políticas acomodaticias e corruptas do [[Francisco Gómez de Sandoval-Rojas y Borja|Duque de Lerma]] (valido de [[Filipe III de España|Filipe III]]), como as agresivas e de [[reputación]] do [[Conde-Duque de Olivares]] (valido de [[Filipe IV de España|Filipe IV]]), que ao forzar os inestables equilibrios territoriais co seu intento de [[Unión de Armas]], provocou a [[crise de 1640]] e chegou a un paso de acabar de feito co [[Imperio español]]. O absolutismo non chegará a España ata os [[Decretos de Nueva Planta]], despois de que [[Filipe V de España|Filipe V de Borbón]] gañe a [[Guerra de Sucesiónsucesión española|guerra de sucesión]] (1715) tanto aos seus inimigos europeos como aos que dentro da Península Ibérica (especialmente Valencia e Cataluña) aspiraban a continuar cun Habsburgo máis respectuoso aos foros territoriais.
 
A incapacidade de formar monarquías absolutas noutros reinos pode exemplificarse co caso inglés, onde os [[Tudor]], monarquía autoritaria que mantivo o equilibrio co Parlamento mentres se producían os cambios sociais da [[Reforma anglicana|Reforma]], deron paso aos [[Estuardo]], que na pugna por aumentar o seu poder, perderon literalmente a cabeza.
104.749

edicións