Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 74:
Para a maior parte da [[Idade Moderna]] en [[Inglaterra]] ou [[Países Baixos|Holanda]] o termo Antigo Réxime non é aplicable dado que desde o século XVI ou XVII están no Novo Réxime económica, social e politicamente (ata tal punto non ve descontinuidade coa Idade Contemporánea, que a historiografía anglosaxoa chama ''Modern History'' ao período desde a [[Idade Media]] ata a actualidade).
 
En canto a como encaixar cada unha das pezas do resto deste crebacabezas europeo no concepto ''Antigo Réxime'', xa se advertía ao comezo que coa excepción de Francia, Portugal e España, para o resto de [[Europa]] o termo é pouco significativo: na dividida [[Italia]] pódese identificar co dominio dos Habsburgo (desde a [[batalla de Pavía]] ata a [[Unificación de Italia|Unificación]]). En [[Centroeuropa]], a descomposición do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]], o ascenso dos [[Habsburgo]], a [[Reforma Protestante]], a [[guerra dos Trinta Anos]], e o xurdimento de [[Prusia]] foron debuxando e desdebuxando un panorama que non se aclarou ata a [[unificación Alemá]], xa na [[Idade Contemporánea]] e con distintos criterios. Os [[países escandinavos]] desenvolveron monarquías nacionais desde a Idade Media, aínda que a definición da súa personalidade definitiva non chegou ata o século XX. A súa evolución económica e social foi en certo xeito similar á de Europa Occidental, intervindo nos procesos intelectuais clave (Renacemento, Reforma, Ilustración) e implicándose nos conflitos europeos, especialmente na [[guerra dos Trinta Anos]] en que foron decisivos. Polonia, non presenciará a formación da monarquía forte que intentou a [[dinastía Jogalia]], senón unha república nobiliaria (que xogou ata a política de Europa Occidental coa elección dun rei Valois). Nos [[Balcáns]] o dominio [[turco]] (desde a [[Caída de Constantinopla|toma de Constantinopla]] ata as [[guerras Balcánicasbalcánicas]] de finais do XIX) e en [[Rusia]] a época [[tsar]]ista (de [[Iván o Terrible]] ata a [[Revolución Rusa de 1917]]) cobren a dimensión temporal, pero non a caracterización proposta: son vastos imperios que non poden medirse cos criterios da dinámica económica, social ou política do Antigo Réxime de Europa Occidental.
 
== Características ==