Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Extensión: arranxiños​
Liña 67:
 
=== Outros países europeos ===
Como mostraba o mapa do comezo, a situación espacial de Europa era dunha extraordinaria complexidade, que non eliminaron nin os [[Paz de Westfalia|tratados de Westfalia]] ([[Münster]] e [[Osnabrück]], 1648), nin os posteriores de [[Tratado de Utrecht|Utrecht e Rastadt]] (1714). O que si produciron foi unha clara modernización das relacións internacionais, nun sentido pragmático que esquecía as fantasías medievais (herdanza do [[Dominium mundi]]) e o fundamentalismo relixioso aínda vixentes no século XVI. En 1648 os [[Casa dos Austria|Habsburgo de Madrid]] resígnanse á independencia das [[Provincias Unidas]] e recoñecerán pouco despois a de [[Portugal]], pero seguen controlando debilmente [[Italia]] e [[Flandres]], ademais dun inmenso [[Colonización europea de América|imperio americano]] cuxa xestión é cada vez máis problemática. [[Polonia]] expándese ao leste e sur. A amenazadora proximidade do imperio turco continuará ata o [[Batalla de Viena|cerco de Viena]] de 1683. As [[Escandinavia|monarquías escandinavas]] seguen dominando o [[Báltico]], aínda que abandonarán os asuntos centroeuropeos aos esnaquizados [[Sacro Imperio Romano Xermánico|principados alemáns]], principais vítimas da [[Crise do século XVII]], entre cuxas ruínas destaca o nacente reino de [[Prusia]]; xa libres de calquera inxerencia do Emperador ([[Habsburgo|Habsburgo de Viena]]) que concentrará o seu interese nos seus estados patrimoniais de Austria. [[Francia]], cun [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] en minoría de idade que segue a guerra contra España á vez que sae dos seus problemas internos da [[Fronda]], controla temporalmente [[Guerra dels Segadors|Cataluña]] ata o [[tratado dos Pireneos]], que a dividirá. [[Inglaterra]], sumida na [[Guerra Civilcivil inglesa|Guerraguerra Civilcivil]], parece un pigmeo territorial que nin sequera controla [[Escocia]] ou [[Irlanda]] (teoricamente comparten a persoa do mesmo rei, e debátense na simultánea [[Guerraguerra dos tres reinos]]); pero será o xigante do futuro, ao saírse do modelo do Antigo Réxime.
 
[[Ficheiro:Cristina de Suecia a caballo (Bourdon).jpg|miniatura|250px|''A raíña [[Cristina de Suecia]]'', por [[Sébastien Bourdon]] (1653). Protagonizou un soado episodio co seu traslado aos Estados Papais logo da súa abdicación, onde foi acollida polo Papa, en previsión dun triunfo da Contrarreforma no norte de Europa que nunca se chegou a producir. A interpretación da súa vida foi obxecto de moitas especulacións, e máis que ser mostra da condición común da muller no Antigo Réxime, o é de excepcionalidade.]]
Liña 74:
Para a maior parte da [[Idade Moderna]] en [[Inglaterra]] ou [[Países Baixos|Holanda]] o termo Antigo Réxime non é aplicable dado que desde o século XVI ou XVII están no Novo Réxime económica, social e politicamente (ata tal punto non ve discontinuidad coa Idade Contemporánea, que a historiografía anglosaxoa chama ''Modern History'' ao período desde a [[Idade Media]] ata a actualidade).
 
En canto a como encaixar cada unha das pezas do resto deste crebacabezas europeo no concepto ''Antigo Réxime'', xa se advertía ao comezo que coa excepción de Francia, Portugal e España, para o resto de [[Europa]] o termo é pouco significativo: na dividida [[Italia]] pódese identificar co dominio dos Habsburgo (desde a [[batalla de Pavía]] ata a [[Unificación de Italia|Unificación]]). En [[Centroeuropa]], a descomposición do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]], o ascenso dos [[Habsburgo]], a [[Reforma Protestante]], a [[Guerraguerra dos Trinta Anos]], e o xurdimento de [[Prusia]] foron debuxando e desdebuxando un panorama que non se aclarou ata a [[unificación Alemá]], xa na [[Idade Contemporánea]] e con distintos criterios. Os [[países escandinavos]] desenvolveron monarquías nacionais desde a Idade Media, aínda que a definición da súa personalidade definitiva non chegou ata o século XX. A súa evolución económica e social foi en certo xeito similar á de Europa Occidental, intervindo nos procesos intelectuais clave (Renacemento, Reforma, Ilustración) e implicándose nos conflitos europeos, especialmente na [[Guerraguerra dos Trinta Anos]] en que foron decisivos. Polonia, non presenciará a formación da monarquía forte que intentou a [[dinastía Jogalia]], senón unha república nobiliaria (que xogou ata a política de Europa Occidental coa elección dun rei Valois). Nos [[Balcáns]] o dominio [[turco]] (desde a [[Caída de Constantinopla|toma de Constantinopla]] ata as [[Guerrasguerras Balcánicas]] de finais do XIX) e en [[Rusia]] a época [[tsar]]ista (de [[Iván o Terrible]] ata a [[Revolución Rusa de 1917]]) cobren a dimensión temporal, pero non a caracterización proposta: son vastos imperios que non poden medirse cos criterios da dinámica económica, social ou política do Antigo Réxime de Europa Occidental.
 
== Características ==