Salamanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 93:
=== Historia contemporánea ===
 
Durante a [[guerra da Independenciaindependencia Españolaespañola|guerra da Independenciaindependencia]], Salamanca foi ocupada polas tropas do mariscal [[Soult]] en [[1809]] e ficou en mans [[Francia|francesas]] até a [[batalla de Arapiles]] ([[1812]]), na que venceron os exércitos aliados baixo o mando de [[Duque de Wellington|Wellington]]. Durante a ocupación, os franceses construíron defensas e, para obter materiais, destruíron unha importante parte dos edificios salmantinos, especialmente do barrio chamado de Caídos, onde se levantaban coñecidos [[Colexio maior|colexios maiores]] da Universidade, dos que xa non queda nada. O peor momento chegou cando [[Fernando VII de España|Fernando VII]] pechou as universidades españolas. A partir da reapertura, a de Salamanca quedou reducida a unha universidade de provincias.
 
En 1873, tras proclamarse a [[Primeira República Española|Primeira República]], en Salamanca produciuse un levantamento [[cantonalismo|cantonalista]] que foi sufocado.
Liña 99:
Durante o resto do [[século XIX]] a cidade experimentou unha leve recuperación ao ser feita capital de provincia e ao ser tamén construído o [[ferrocarril]] que unía [[Francia]] con [[Portugal]], e que pasaba pola Meseta ([[Medina del Campo]] e Salamanca, [[1877]]).
 
A sublevación do exército contra a [[Segunda República Española|Segunda República]] triunfa en Salamanca desde o primeiro momento. Durante a [[Guerraguerra Civilcivil Españolaespañola|Guerraguerra Civilcivil]], entre [[outubro]] de [[1936]] e [[novembro]] de [[1937]], o [[Palacio Episcopal de Salamanca|Palacio Episcopal]] foi residencia e centro de mando do xeneral [[Francisco Franco|Franco]]. A cidade foi tamén sede das organizaciones falanxistas e dalgúns ministerios.
 
Tras a guerra concentráronse en Salamanca os documentos incautados polo exército sublevado a medida que ían ocupando o territorio que era defendido pola República, co que se creou un gran arquivo documental sobre a guerra civil española (Arquivo Xeral da Guerra Civil Española). A parte deste arquivo pertencente a [[Cataluña]] foi trasladado a [[Barcelona]] na primavera de [[2006]], tras grandes disputas entre o concello salmantino e o goberno español, acompañadas de manifestacións populares. O concello de Salamanca, presidido por Julián Lanzarote ([[Partido Popular|PP]]), cambiou o nome da rúa na que se encontra o arquivo, de «Gibraltar» (nome que homenaxeaba as milicias salmantinas que foran con [[Afonso XI]] á conquista de Xibraltar) a rúa de «''El Espolio''», como sinal de protesta tras o traslado dos «papeis de Salamanca» a Cataluña.