Hector Berlioz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
|signatura =
}}
'''Louis Hector Berlioz''', nado o [[11 de decembro]] de [[1803]] en [[La Côte-Saint-André]] e finado o [[8 de marzo]] de [[1869]] en [[París]], foi un [[compositor]] [[Francia|francés]]. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do [[romanticismo]], é moi coñecido pola súa [[Sinfonía fantástica]], estreada en 1830, e o ''[[Réquiem (Berlioz)|Réquiem]]'', estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da [[orquestra sinfónica]] que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Con o ''Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes'' (1842-43) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos [[pobo ruso|rusos]] do [[Grupo dos Cinco]].
A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto [[Liszt]]. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para orquestra achegaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz.