Myroslav Ivan Liubachivskyi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
'''Myroslav Ivan Liubachivskyi''' (en {{lang-uk|Мирослав Іван Любачівський}}), nado o [[24 de xuño]] de [[1914]] en [[Dolyna]]<ref name=Brauer>{{cita libro |título=Handbuch der Kardinäle: 1846-2012 |nome={{Versaleta|Martin}} |apelidos={{Versaleta|Bräuer}} |editorial=Walter de Gruyter GmbH & Co KG |ano=2014 |isbn=9783110269475 |lingua=alemán |páxinas=509-510}}</ref><ref name="CathEncy">{{cita libro |título=New Catholic Encyclopedia: Jubilee Volume, the Wojtyła |obra=New Catholic Encyclopedia |editorial=Catholic University of America |ano=2001 |isbn=9780787647872 |lingua=inglés |páxina=384}}</ref> ([[Austria-Hungría]], hoxe [[Ucraína]]) e finado o [[14 de decembro]] de [[2000]] en [[Lviv]],<ref name=Brauer/> foi un eclesiástico [[Igrexa Católica|católico]], [[cardeal]] e [[Arquieparquía Maior de Lviv|arcebispo maior]] da [[Igrexa Católica Bizantina Ucraína]] dende [[1984]] até a súa morte.
== Traxectoria ==
Naceu en [[Dolyna]], unha vila de [[Ucraína Occidental]], fillo de Evstakhii e Anna, de apelido de solteira Oliinyk.<ref name="CathEncy"/> Estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Lviv, e posteriormente en [[Innsbruck]]. Foi [[ordenado sacerdote]] da [[arquieparquía católica ucraína de Lviv|arquieparquía de Lviv]] o [[21 de setembro]] de [[1938]]<ref name=Brauer/><ref name="CathEncy"/> polo metropolita [[Andrei Sheptytskyi]], e posteriormente doutourouse en Teoloxía, cursou estudos bíblicos no [[Pontificio Instituto Bíblico]] e de filosofía na [[Pontificia Universidade Gregoriana|Gregoriana]].<ref name="CathEncy"/> Logo da [[Segunda Guerra Mundial]] non puido volver a Ucraína, e emigrou aos [[Estados Unidos]],<ref name="CathEncy"/> onde desempeñou o seu labor na Igrexa dos Santos Pedro e Paulo de [[Cleveland]] (a partir de [[1949]]), e a partir de [[1968]] como profesor no Seminario Católico Ucraíno San Xosafat de Washington. Ensinou tamén no St. Basil's College de Filadelfia e na St. Basil's Academy de [[Stamford, Connecticut|Stamford]].
 
O [[13 de setembro]] de [[1979]] foi nomeado arcebispo de [[arquieparquía católica ucraína de Filadelfia|Filadelfia]],<ref name=Brauer/><ref name="CathEncy"/> e recibiu a consagración episcopal o [[12 de novembro]] de mans do papa [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]], nunha celebración polo [[rito bizantino]].<ref name=Brauer/> O [[7 de marzo]] de [[1980]] foi nomeado arcebispo coadxutor de [[arquieparquía católica ucraína de Lviv|Lviv]]<ref name=Brauer/><ref name="CathEncy"/> xunto a [[Yosyf Slipyi]], a quen sucedeu o [[7 de setembro]] de [[1984]], converténdose en [[Arquieparquía Maior de Lviv|Arcebispo Maior de Lviv]] e primado da [[Igrexa Católica Bizantina Ucraína]].<ref name=Brauer/>