Árabe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: de, en, es, fi, ja, ko, pt, th
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Castelán
Liña 4:
# Persoa que ten como lingua materna o árabe, ó marxe da súa orixe étnica. Os [[Mundo Árabe|países árabes]] son aqueles nos que a súa poboación (ou a maior parte da mesma) fala árabe. Os países árabes son producto da expansión do imperio [[Islam|islámico]], e polo tanto da súa lingua oficial e litúrxica, dende o seu berce orixinal en Arabia.
#'''[[Lingua árabe]]'''. [[Lingua semítica]] falada en países do norte de [[África]], como [[Exipto]], [[Libia]], [[Túnicia]], [[Arxelia]], [[Marrocos]], [[Sudán]], [[Sáhara Occidental]] , [[Mauritania]], [[Chad]] e [[Yibuti]]. Minoritariamente nas illas [[Comoras]], e algúns sectores de [[Mali]], [[Níger]], [[Somalia]] e nas prazas de soberanía española de [[Ceuta]] e [[Melilla]], e no sudoeste de [[Asia]]: [[Arabia Saudí]], [[Yemen]], [[Omán]], [[Emiratos Árabes Unidos]], [[Qatar]], [[Kuwait]], [[Iraq]], [[Siria]], [[Líbano]], [[Palestina]], [[Jordania]] e [[Bahréin]], fálase tamén en algunhas zoas de [[Israel]], [[Turquía]] e [[Irán]], algúns sectores da [[India]], [[Indonesia]] e as [[Filipinas]]. Fálana tamén grupos importantes de emigrantes en [[Europa]], países como [[España]], [[Francia]], [[Italia]], [[Portugal]], [[Grecia]], [[Alemania]] e o [[Reino Unido]]. O árabe ten unha variedade literaria, chamada en árabe ''al-luga al-fushà'' ou "a lingua máis elocuente", que en idiomas occidentais soe nomearse como [[árabe clásico]] e que comprende a lingua da literatura anterior ó [[Islam]], a lingua do Corán e a lingua da literatura posterior ó Islam. A variedade lingüística estándar que se usa como lingua oficial no mundo árabe actual é unha modalidade de árabe clásico que en occidente see recibí-lo nome de árabe literal ou literario. Por outro lado, no nivel da lingua falada o árabe ten multitude de dialectos moi diferentes entre sí.
#'''[[Alfabeto árabe]]'''. Conxunto de signos propio do árabe, que é ou foi utilizado para codificar tamén os idiomas de poboacións musulmanas non árabes como o [[urdu]], o [[idioma persa|persa]], o [[dari]], o [[pashtún]], o [[kurdo]] ou o [[Idioma uigur|uigur]] na actualidade, e no pasado tamén o [[turco]] e demáis linguas desta familia, o [[malayo]], o [[tártaro]], o [[wolof]] e outras linguas africanas e incluso o [[lingua castelá|castelán]] entre os [[moriscos]].
 
{{homónimos}}