Diferenzas entre revisións de «Mohamed Zahir de Afganistán»

 
==Exilio e retorno==
EnO [[17 de xullo]] de [[1973]], cando Mohamed Zahir estaba en [[Italia]] operándose da vista e tratándose do [[lumbago]], o seu curmán e antigo [[primeiro ministro]] o ghan [[Mohamed Daud]] deu un [[golpe de estado]] e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en [[Olgiata]], ao norte de [[Roma]]. Prohibíuselle voltar ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos [[talibán]]s.
 
En [[1991]] un home, facéndose pasar por xornalista portugués, tentou asasinalo a coiteladas, sen conseguilo, e en [[2002]] voltou a [[Cabul]] co inicio da democratización. Abriu a [[Loia Irga]], o sistema de consultas entre os principais líderes afgáns para a constitución dun novo réxime, e agardaba a posibilidade de ser designado presidente (que non rei), cargo que ao final non recibiu. A constitución afgá aprobada durante a ocupación estadounidense nomeábao, iso si, "pai da patria", en recompensa polo seu papel na historia do país e como símbolo de unidade nacional.