Imperio Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 910:
Aínda que falar de arte no Imperio Ruso é falar dun dos imperios máis grandes en canto a: culturas, grupos étnicos e estilos de vida, nestes apartados intentaranse mencionar os unicamente rusos.
=== Iconas ===
[[Ficheiro:vladimirskaya.jpg||miniatura|esquerda|150px|A [[Icona (arte)|icona]]]] "Vladimir" ([[século XII]]).]]A tradición [[iconoclasta]] foi herdada do [[Imperio Bizantino]], cando comezou a ser tradición dentro dos frescos e mosaicos da fe Ortodoxa. Durante o [[século XVIII]] e [[século XIX|XIX]], a controversia iconoclasta na Igrexa Ortodoxa deu lugar a pregunta, se as imaxes eran unha práctica relixiosa ou eran un sacrilexio idólatra. Aínda que o uso de imaxes non desapareceu, apuntou a apreciación entre a intención da arte para a contemplación espiritual e desviar a realidade. Esa é unha das razóns pola que as iconas son tan diferentes unhas das outras. Durante o [[século XIV]] en particular, o movemento iconoclasta tomou o grao de subxectividade e expresión persoal. Unha das máis notables figuras deste cambio foi [[Andrei Rubliov]], cuxos traballos pódense apreciar no [[Museo Ruso]] en [[Moscova]] e no Museo de [[San Petersburgo]]. Os seus traballos apreciados polo Tsar [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]], foron protexidos para evitar a súa prohibición por parte da igrexa ortodoxa, grazas a un decreto de Alexandre I.
=== Ballet ===
[[Ficheiro:snowdance.jpg|250px|miniatura|Ballet por [[Pyotr Ilyich Tchaikovsky|Chaikovsky]] ''O Cascanoces''.]]Rusia fixo unha contribución única ao [[ballet]] clásico. O ballet clásico foi introducido en Rusia xunto con outras formas aristocráticas de danza como parte do programa de occidentalización de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]] en [[1770]]. A primeira escola de ballet clásico foi establecida en [[1734]], e fundouse a primeira compañía completa de ballet clásico na escola imperial de ballet clásico en San Petersburgo en [[1740]]. Os bailaríns [[italia]]nos e os coreógrafos franceses predominaron neste período, pero antes de [[1800]] os ballets rusos xa predominaban sobre o resto de Europa. Os críticos europeos de ballet clásico conviron que a danza rusa tiña unha influencia positiva no ballet clásico de Europa occidental. [[Ficheiro:Nijinsky, Vaslav (1890-1950) e Rubinstein, Ida (1880-1960) - 1913 - Barbier, George (1882-1932) - Nijinsky (in Schéhérazade, Paris, 1910) - 1913 6.jpg|miniatura|esquerda|250px|Ilustración de George Barbier representando a Vaslav Nijinski e Ida Rubinstein en ''Scheherazada'', produción dos Ballets Rusos en [[1910]].]]