Diferenzas entre revisións de «A capela (música)»

m (Isili0n moveu a páxina "A cappella" a "A capela (música)": Escríbese "a capela". Véxase no DRAG o apartado de expresións da entrada "capela".)
 
== Historia ==
Desde a descuberta dos primeiros aparellos para gravar son, as gravacións de música a capela son infinitas. A invención do magnetófono na década dos corenta chegou acompañada da época dourada dos grupos vocais estadounidenses cun grande número de estilos desenvolvidos desde os campos de algodón dos escravos, cos seus "gospel". Blues, scat, jazz, beeboop, rock and roll, doo wop, surf e un longo etcétera son estilos dos anos 40,50 e 60. Desde os anos 80, incitado polo éxito de cancións de artistas como [[Bobby McFerrin]], [[Boyz II Men]], [[Flying Pickets]], [[Take Six Neri Perper Caso]], [[Vocal Siete]], [[Rockapella]], etc., esta forma de música colleu un auxe importante.
 
Os arranxos da música popular para os pequenos conxuntos a capela inclúen xeralmente unha voz que canta a melodía principal, unha que canta sobre unha liña de baixo, e que marca o ritmo, e as voces restantes, que contribúen ao acompañamento en forma de harmonía [[acorde]], que se chama [[Coro (grupo musical)|coro.]] Con todo, moitos grupos a capela contemporáneos adoptaron outros métodos, incluíndo polifonía e o ''beatbox'' ou percusión vocal, que consiste nunha caixa de ritmos producida coa boca ou a imitación dunha batería, percusión menor, pratos, etc.
299.957

edicións