Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 124:
{{Artigo principal|Reis Católicos}}
=== A unificación de España e o fin da [[Reconquista]] ===
O matrimonio dos [[Reis Católicos]] ([[Isabel I de Castela|Isabel I]] de [[Coroa de Castela|Castela]] e [[Fernando II de Aragón|Fernando II]] de [[Coroa de Aragón|Aragón]]) uniu as dúas Coroas cando, tras gañar a [[Xoana a Beltranexa|Xoana «a Beltranexa»]] na [[Guerraguerra de Sucesión Castelá]], Isabel ascendeu ao trono. Con todo, cada reino mantivo a súa propia administración baixo a mesma monarquía. [[Formación territorial de España|A formación dun estado unificado]] só se materializou tras séculos de unión baixo os mesmos gobernantes.<ref>Como Henry Kamen comentaría despois, España foi creada polo Imperio, e non o Imperio por España.</ref> Os novos reis introduciron o estado moderno absolutista nos seus dominios, que pronto buscaron ampliar.
 
Castela interviñera no Atlántico, no que foi o comezo do seu imperio extrapeninsular, competindo con Portugal polo control do mesmo desde finais do [[século XIV]], momento no cal foron enviadas varias expedicións andaluzas e biscaíñas ás [[Illas Canarias]]. A [[Conquista das Illas Canarias|conquista]] efectiva do devandito arquipélago comezara durante o reinado de [[Henrique III de Castela]] cando en [[1402]], o francés, [[Jean de Béthencourt]] lle solicitou permiso para tal empresa ao rei castelán a cambio de vasalaxe. Mentres, ao longo do século XV exploradores portugueses como [[Gonçalo Velho Cabral]] colonizarían as [[Azores]], [[Cabo Verde]] e [[Madeira]]. O [[Tratado de Alcáçovas]] de [[1479]], que supuxo a paz na [[Guerraguerra de Sucesión Castelá]], separou as zonas de influencia de cada país en África e o Atlántico, concedéndolle a Castela a soberanía sobre as Illas Canarias e a Portugal as illas que xa posuía, [[Guinea-Bisau]] e en xeral: <cite>''todo lo que es hallado e se hallare, conquistase o descubriere en los dichos términos''</cite>. A conquista do Reino de Fes quedaba tamén exclusivamente para o reino de Portugal. O tratado foi confirmado polo Papa [[Sisto IV, papa|Sisto IV]] o [[21 de xuño]] de [[1481]], mediante a bula <cite>[[Aeterni regis]]</cite>. Mentres tanto os [[Reis Católicos]] iniciaban a última fase da Conquista de Canarias asumindo pola súa conta a devandita empresa, ante a imposibilidade por parte dos [[feudalismo|señores feudais]] de someteren todos os [[Guanche|indíxenas insulares]]: nunha serie de longas e duras campañas, os exércitos casteláns apoderáronse sucesivamente de [[Gran Canaria]] (1478-1483), [[A Palma]] (1492-1493) e finalmente de [[Tenerife]] (1494-1496).
[[Ficheiro:La Rendición de Granada - Pradilla.jpg|300px|miniatura|Rendición de [[Reino de Granada|Granada]] os [[Reis Católicos]] ([[1492]]).]]
Como continuación á [[Reconquista]] castelá, os Reis Católicos conquistaron en [[1492]] o reino [[taifa]] de [[Reino de Granada|Granada]], último reino [[Islam|musulmán]] de [[Al-Ándalus]], que sobrevivira polo pago de [[Parias|tributos en ouro]] a Castela, e a súa política de alianzas con [[Coroa de Aragón|Aragón]] e o norte de África.