Raxó, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: Conta con → Ten
Liña 81:
A [[emigración]] que se produciu nos séculos XIX e XX é un trazo estrutural da sociedade galega que tamén afecta de xeito importante á parroquia de Raxó. Cómpre ter en conta que o fenómeno da emigración afectou non só á evolución absoluta do número de habitantes, senón tamén ó proceso de envellecemento, á caída das taxas de natalidade, á distribución por sexos e idades etc.
 
Os países de acollida dos emigrantes de Raxó coinciden, a grandes liñas, cos que podemos sinalar para o conxunto de Galicia: [[América Latina]] entre mediados do século XIX ata aproximadamente 1930, e [[Europa occidental]] a partir da década de 1960. As causas que provocan este éxodo foron fundamentalmente de tipo económico, relacionadas sempre co desequilibrio entre a poboación e os recursos: atraso da [[industria]], falta de capitais, peso excesivo dos tributos, impostos e rendas, ou moi especialmente no caso de Raxó o carácter artesanal da pesca orientada cara ó autoconsumo. Diversos estudios sinalan como factor desencadeantecausante da emigración masiva a partir da metade do século XIX os continuos temporais e choivas dos anos 1852-53 que asolagaron Galicia, ocasionando a perda das colleitas e dificultando cando non impedindo as faenas no mar. Aínda que esta crise de subsistencia puntual non é máis que un factor sumado á unha pésima situación estrutural da economía. A emigración foi unha vía de saída, dirixíndose nestes primeiros tempos cara países como [[Cuba]], [[Arxentina]], [[Uruguai]] ou [[Brasil]].
 
Esta situación mantívose ata principios do século XX, cando comezaron a xurdir as primeiras experiencias industriais a partir das pesquerías realizadas en Raxó. Ademais da pesca propiamente dita, que neste tempo comeza a xerar excedentes que dan lugar primeiro a unha economía de troco e despois de mercado, cómpre falar das primeiras fábricas de salgadura. Mantéñense aínda en pé os restos de dúas fábricas de salgadura, unha fronte á praia da Maceiriña, no límite dos concellos de [[Poio]] e [[Sanxenxo]], e outra na Granxa de Abaixo, xa no concello de Sanxenxo. Ámbalas dúas industrias contaban cun pequeno peirao onde atracaban as chalanas e os barcos co peixe. Son os precedentes máis directos da posterior fábrica de [[conservas Camping]], propiedade de [[Rafael Casaponsa]] en funcionamento na actualidade, que se instalará en Fontemaior, se ben estas primeiras industrias traballaron máis como talleres artesanais que como fábricas modernas