Lingua alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
| mapa = [[Ficheiro:Legal statuses of German in Europe.svg|300px]]
}}
O '''alemán'''<ref>{{DRAG|alemán}}</ref> (''Deutsch'', en alemán) é unha [[lingua]] [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]] pertencente ao grupo das [[linguas xermánicas]] occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na [[Unión Europea]]. Fálase principalmente en [[Alemaña]], [[Austria]], [[Liechtenstein]], en dous terzos de [[Suíza]], en dous terzos da provincia do [[Trentino-Tirol do Sur|Tirol do Sur]] (en [[Italia]]), nos pequenos cantóns do leste de [[Bélxica]] e nalgunhas poboacións fronteirizas do condado de [[Iutlandia|Iutlandia meridional]] (Nordschleswig) en [[Dinamarca]]. En [[Luxemburgo]], así como nas rexións [[Francia|francesas]] de [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]], as poboacións nativas falan dialectos alemáns, dominando algúns o alemán estándar (especialmente en [[Luxemburgo]]), aínda que en Alsacia e Lorena o [[lingua francesa|francés]] substituíu significativamente aos dialectos alemáns locais durante os derradeiros corenta anos.
 
Fálase principalmente en [[Alemaña]], [[Austria]], [[Liechtenstein]], en dous terzos de [[Suíza]], en dous terzos da provincia do [[Trentino-Tirol do Sur|Tirol do Sur]] (en [[Italia]]), nos pequenos cantóns do leste de [[Bélxica]] e nalgunhas poboacións fronteirizas do condado de [[Iutlandia|Iutlandia meridional]] (Nordschleswig) en [[Dinamarca]].
 
En [[Luxemburgo]], así como nas rexións [[Francia|francesas]] de [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]], as poboacións nativas falan dialectos alemáns, dominando algúns o alemán estándar (especialmente en [[Luxemburgo]]), aínda que en Alsacia e Lorena o [[lingua francesa|francés]] substituíu significativamente aos dialectos alemáns locais durante os derradeiros corenta anos.
 
Aínda sobreviven certas comunidades xermanofalantes en zonas de [[Romanía]], a [[República Checa]], [[Hungría]] e sobre todo [[Rusia]], [[Casaquistán]] e [[Polonia]], aínda que os regresos masivos a Alemaña nos [[1990|90]] fixeron decrecer estas poboacións dun xeito significativo. Fóra de Europa, as maiores comunidades xermanofalantes atópanse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], no [[Brasil]] e na [[Arxentina]], onde millóns de alemáns migraron durante os últimos 200 anos; con todo, a gran maioría dos seus descendentes non fala alemán. Ademais, poden atoparse comunidades xermanofalantes na antiga colonia alemá de [[Namibia]]. No sur de [[Chile]], hai unha pequena comunidade xermanoparlante, a Organización Alexander von Humboldt da cidade de México conta coa escola de ensino de alemán máis grande fóra de Alemaña, así como noutros países obxecto de emigración alemá como o [[Canadá]], [[Islandia]], [[Paraguai]], [[Bolivia]], o [[Perú]], [[Venezuela]], [[Tailandia]], [[Australia]] e [[Guatemala]].