Manuel Corredoira López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Nova nota e arranxo noutra existente.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha nota.
Liña 3:
Logo de traballar como [[Enxeñaría|enxeñeiro]] en [[Empresa|empresas do sector privado]] entre [[1979]] e [[1984]], a partir desa data ocupou diversos postos no [[Educación|ámbito educativo]], inicialmente como profesor de [[Educación secundaria|ensino secundario]] e anos máis tarde como asesor técnico docente da [[Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria|Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,]] ata ingresar en 2005 no corpo de Inspectores de Educación.<ref>"[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2006/02/06/xunta-universidade-da-coruna-entraran-formar-parte-consello-escolar-municipal/0003_4492661.htm La Xunta y la Universidade da Coruña entrarán a formar parte del Consello Escolar Municipal]". ''La Voz de Galicia'', 6 de febreiro de 2006. (...) ''con la presencia de Manuel Corredoira López, inspector de la Consellería de Educación en la comarca'' (...).</ref><ref>[https://www.boe.es/boe/dias/2005/09/23/pdfs/A31614-31615.pdf Orde ECI/2938/2005, do 7 de setembro, pola que (...) se nomean funcionarios de carreira do Corpo de Inspectores de Educación] (...). BOE do 23 de setembro de 2005.</ref>
 
En canto a postos directivos, na [[Xunta de Galicia|Administración galega]] foi nomeado subdirector xeral de [[Formación profesional|Formación Profesional]] e Educación de Adultos entre [[1998]] e [[2000]], e subdirector xeral de Formación Profesional entre [[2009]] e [[2012]]. Na [[Goberno de España|Administración central do Estado]] exerceu como subdirector xeral de Formación Profesional no [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Educación, Cultura e Deporte]] entre 2000 e [[2004]].<ref>''[http://www.oecd.org/education/innovation-education/2082001.pdf Estudio Temático del Aprendizaje de los Adultos]''. OCDE, 2001. "Equipo de dirección: Manuel Corredoira López, subdirector general de Formación Profesional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte". </ref>
 
O 15 de xuño de 2012 foi nomeado director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en substitución de [[José Luís Mira Lema|José Luis Mira Lema]], posto que desempeña na actualidade.<ref>"[http://www.europapress.es/galicia/noticia-jose-luis-mira-cesa-director-xeral-educacion-sera-sustituido-manuel-corredoira-20120614183707.html José] Luis Mira cesa como director xeral de Educación y será sustituido por Manuel Corredoira". Europa Press. 14 de xuño de 2012.</ref><ref>[http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120615/AnuncioG0164-140612-0005_gl.html Decreto 133/2012, do 14 de xuño, polo que se nomea director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a Manuel Corredoira López]. ''DOG'' do 15 de xuño de 2012.</ref>