Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Política: arranxiñs
m →‎Política: arranxiño
Liña 158:
Unha das primeiras cuestións que abordou o papa Alexandre foi a repartición das terras do [[Novo Mundo]] entre as dúas potencias que optaban ao seu descubrimento, colonización e dominio: [[Castela]] e [[Portugal]]. Nas ''[[Bulas Alexandrinas]]'' de 1493 (as dúas ''Inter cœtera'', ''[[Eximiae devotionis|Eximiœ devotionis]]'' e ''[[Dudum siquidem]]''), previas ao [[Tratado de Tordesillas]] (1494), fíxase o meridiano divisorio das zonas de influencia castelá e portuguesa a cen leguas das [[Azores]] e [[Cabo Verde]].
 
O ascenso de Alexandre VI ao solio papal marcou un punto craveclave na política italiana e internacional, sendo el mesmo o comezo de toda unha nova etapa en canto ao balance do poder en Europa.
 
Esta claro que a máis grande ambición de Alexandre VI era lograr que a súa familia dominase toda Italia, o cal aspiraba a lograr mediante as alianzas e convenientes ligazóns da súa familia coas máis poderosas dinastías italianas, usando tales vínculos, en conxunto co poder do papado, para conseguir a submisión de toda a península.