Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

pano
(pano)
[[Ficheiro:Flag of Europe.svg|miniatura|150px|Bandeira da [[CEE]] e, despois da súa transformación, da [[UE]].]]
 
O mapa de Europa foi redebuxado na [[Conferencia de Ialta]] e foi dividido, como a principal zona de contención na Guerra Fría, entre as dúas novas potencias emerxentes, a capitalista Estados Unidos e a comunista Unión Soviética. Os Estados Unidos puxeron a Europa occidental (Inglaterra, Francia, Italia, [[RFA|Alemaña Occidental]] etc.) dentro da súa esfera de influencia, establecendo a [[OTAN]] como unha medida precautoria en contra dunha posíbel invasión soviética; a Unión Soviética fixo o mesmo coa Europa centro-oriental (Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Romanía, Bulgaria, [[Alemaña Oriental]]), reaccionando contra o establecemento da OTAN coa fundación do [[Pacto de Varsovia]]. A liña de separación da Europa occidental e a oriental coñeceuse coa expresión metafórica de "[[TelónPano de aceiro]]".
 
A situación de España foi, en certo modo, anómala. No famoso encontro de [[Hendaia]], [[Franco]] adquirira o compromiso de adherirse ao Eixe, pero deixaba en mans de España a data desa unión, que non chegou a materializarse. Os requirimentos de Hitler nunca foron atendidos. Alemaña pediu a intermediación de Italia, e Franco entrevistouse con [[Mussolini]] en [[Bordighera]] o 12 de febreiro de 1941; Mussolini entendeu os argumentos españois para a dilación da súa incorporación ao Eixe, e saíu da entrevista coa certeza de que Franco non podía, nin quería, ir á guerra. España dependía das subministracións de Gran Bretaña e negociou outros con EEUU. O Reino Unido, que establecera un bloqueo marítimo internacional contra Alemaña, utilizou a arma da concesión de permisos de circulación de buques con trigo e gasolina destinados a España para facer presión sobre esta e forzala a preservar a súa neutralidade; Estados Unidos usou a arma do petróleo co mesmo fin.<ref>Fusi, Juan Pablo (1985): ''Franco''. Madrid: Ediciones El País ISBN 84-86459-01-X, páx. 83.</ref>