Ducado de Brabante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 47:
Tras a batalla de Worringen, acaecida en [[1288]], os duques de Brabante obtiveron o [[ducado de Limburgo]]. En [[1354]], o duque [[Xoán III de Brabante]] instituíu o cargo do ''[[Blijde Inkomst]]''. En [[1430]], os ducados de Lotarinxia, Brabante e Limburgo foron herdados por [[Filipe III de Borgoña]]. En [[1477]] os títulos pasaron á [[casa de Habsburgo]] a través de [[María de Borgoña]]. A historia posterior do ducado é parte da historia dos [[Países Baixos]] ou as ''[[Dezasete Provincias]]''.
 
As provincias do norte do ducado lograron a independencia dos Habsburgo españois na [[Guerraguerra dos Oitenta Anos]] ([[1568]]-[[1648]]). Tras a [[Paz de Westfalia]] en [[1648]], confirmouse a independencia das [[Provincias Unidas]], quedando baixo control neerlandés a parte norte de Brabante, que pasaría a ser unha das [[Terras da Xeneralidade]] co nome de [[Staats-Brabant]], o que actualmente é a provincia de [[Brabante do Norte]] nos [[Países Baixos]].
 
A parte sur continuou en mans dos Habsburgo como parte dos [[Países Baixos|Países Baixos españois]]. Estes pasaron á rama austríaca dos Habsburgo en [[1714]], ([[Países Baixos|Países Baixos austríacos]]) como consecuencia da [[Tratado de Utrecht]].
 
O ducado foi disolvido en [[1795]] durante a ocupación [[Francia|francesa]], e o seu territorio foi reorganizado en departamentos.