Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Rehusar > refusar, rexeitar.
m Arranxiños​
Liña 34:
Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o español [[Calisto III, papa|Calisto III]] (Alfonso de Borja) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no [[século XX]], foi beatificada en [[1909]] polo papa [[Pío X, papa|Pío X]] e posteriormente declarada santa en [[1920]] polo papa [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de [[Francia]].<ref>Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". [http://www.stjoan-center.com/Trials/null13.html] (Recuperado o 12 de febreiro de 2006) {{en}}</ref>
 
A súa fama estendeuse inmediatamente logo da súa morte: venerada pola [[Liga Católica]] no [[século XVI]], adoptada como símbolo cultural polos círculos patrióticos franceses dende o [[século XIX]], foi unha inspiración para as forzas aliadas durante a [[Primeira Guerraguerra Mundialmundial|Primeiraprimeira]] e a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialm<sub></sub>undial]].
 
Popularmente, Xoana de Arco é contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha grande fe. Hoxe en día é obxecto de especial interese na [[República de Irlanda]], [[Canadá]], [[Reino Unido]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. No movemento do [[Escultismo]] é a Santa Patroa dos [[Guidismo|guidistas]].