A contrafío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Traio e adapto información e refs.
Liña 9:
 
Na novela de [[Oscar Wilde]] ''[[The Picture of Dorian Gray]]'', este é o libro que Lord Henry Wotton entrega a [[Dorian Gray (personaxe)|Dorian Gray]] e que o acaba por levar á súa completa corrupción<ref>[https://wildedecadents.wordpress.com/2012/10/23/exercise-linking-the-picture-of-dorian-gray-and-huysmans-a-rebours/ ''Linking The Picture of Dorian Gray and Huysmans’ A rebours (Exercise #3)''], en ''Oscar Wilde and the French Decadents'' o 23 de outubro de 2012. {{en}}</ref>.
 
== Influencia sobre a literatura galega ==
Se ben o movemento decadentista tivo escasa implantación en Galicia, o certo é que ''A contrafío'' si xoga un papel relevanta en canto a constitución da literatura galega<ref>[http://www.huginemunin.com/wp-content/uploads/2016/08/guia-a-contrafio-agosto-2016.pdf '"Huysmans e a literatura galega"] en ''Algunhas claves para ler A contrafío, unha novela de Joris-Karl Huysmans''], pp. 71-77.</ref>, como obra de referencia para diversos autores
da [[Xeración Nós]] (de maneira notable en [[Ramón Otero Pedrayo]] e [[Vicente Risco]]) así como para outros xa da segunda metade do [[século XX]], como [[Lois Pereiro]]. Deste xeito, por exemplo, Risco sinala de maneira explícita no seu ensaio ''[[Nós, os inadaptados]]'' (1933) a súa admiración por Huysmans, a súa obra ''A contrafío'' e por [[Jean Des Esseintes]] en tanto que arquetipo do [[dandi]]:
 
{{Cita|O tipo [inadaptado] deuse adoito na fin do século derradeiro, e atopou cecais a máis nidia expresión literaria no Des Esseintes de Huysmans. O tíduo da novela de Huysmans dío todo: ''À rebours''; porque eso é o que son os inadaptados, os que van a contrafío do seu tempo, os que non acaen cos seus contemporáneos.}}
 
O crítico [[Manuel Rodríguez Alonso]] sostivo que a estética de Huysmans está presente en ''[[O porco de pé]] de Risco.<ref>[http://bouvard.blogaliza.org/2014/02/12/co-gallo-da-sexta-edicion-de-o-porco-de-pe/ ''Co gallo da sexta edición de O porco de pé''], entrada no blog Bouvard e Pécuchet o [[12 de febreiro]] de [[2014]].</ref>
 
Por outra banda, Pedrayo, en ''[[Arredor de si]]'' (1930), cita expresamente a Huysmans en dúas ocasións. Unha desas veces traza un paralelismo entre [[Adrián Solovio]] e as experiencias que Des Esseintes vive no capítulo XI da novela gala. Di así:
 
{{Cita|Unha noite Adrián lembrara unhas páxinas de ''À rebours'' de Huysmans. Deberíase traducir en castelán “a contrapelo”. Tivo a mesma fame de vida inglesa, salgada e forte, do wiking dono dos ronseis do mar. Baixoas arcadas de Rivoli o título “Bodega” arredondeábase groso e cheo, seguro e ditoso como un tonel.}}
 
Nese sentido, aludindo a Solovio a Des Esseintes, [[Ramón Lugrís]] escribía (orixinalmente en <ref>lingua castelá</ref>) en [[1967]]:
 
{{Cita|Hai dous tipos de Inadaptados: o que rompe coa sociedade e illa dela, e o que busca abrir novos camiños. Ao primero corresponde o protagonista de ''À Rebours'; ao segundo corresponde Adrián, o protagonista
de Arredor de si.}}
 
Anos máis tarde, o escritor Lois Pereiro incluíu a Huysmans ("sen dúbida Huysmans") no artigo que escribiu para ''[[A Naval]]''.<ref>«Dandys, eterómanos e infames. O vicio como luxo» (1986), ''A Naval'', nº 5.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Notas ==