Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xuventude: arranxiño
Isili0n (conversa | contribucións)
*Rehusar > refusar, rexeitar.
Liña 456:
==== A fase final: os últimos días de Xoana ====
[[Ficheiro:Jeanne d'Arc - Cathédrale Notre-Dame de Paris.jpg|miniatura|esquerda|Estatua de Xoana de Arco na [[catedral de Notre-Dame de París]].]]
As cousas aceleraríanse a partir do [[23 de maio]]. Xoana recibiu a enésima amoestación de parte de Pierre Cauchon, acompañado polo vice-inquisidor e diversos membros máis, nunha cámara do Castelocastelo de Ruán onde pretendían que Xoana claudicara. Ademais serviu como unha advertencia da morte próxima que lle esperaba. Pedíronlle que aceptase o veredicto da Universidade de París e dos xuíces polo ben dela, pero esta rehusórefusou alegando que non tiña máis nada que dicir. «...si eu estivese no lume, ata seguiría sen dicir nada máis, e querería manter todo o que dixen no proceso ata a morte. Non teño máis nada que dicir».
 
Estas serían as xornadas nas que poida que os xuíces eclesiásticos se mostrasen máis de acordo coa súa fe, é dicir, un pouco máis caritativos e advertíronlle con toda sinceridade que por unha vez lles fixese caso si non quería acabar entre as brasas. Esta foi a amoestación suavizada, logo de lerlle os escritos que redactaran a xente da Universidade de París, con gran violencia. Finalmente, aquel día fíxose unha convocatoria que tería lugar o día seguinte á beira do cemiterio de Saint Ouen; tratábase dunha sesión pública.