Bieito XVI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Entredito > interdito.
Liña 42:
En [[1966]] asume a cátedra de teoloxía na [[Universidade de Tübingen]], onde foi colega de [[Hans Küng]]. En obras como ''Teoloxía da Historia en San Boaventura'', ''Introdución ao Cristianismo'', ou '' O Novo Pobo de Deus'' rompeu coa linguaxe tradicional da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] e defendeu rachar cun inmobilismo conservador contrario, segundo el, á verdadeira tradición. En [[1968]] asina con outros teólogos a ''Declaración de Nimega'', onde se reclama maior pluralismo teolóxico. En [[1969]] regresa a Baviera, á [[Universidade de Regensburg]].
 
En [[1972]] puxo en marcha a revista ''Conmunio'' xunto con prestixiosos teólogos ata había pouco postos en entreditointerdito pola xerarquía eclesiástica como [[Henri de Lubac]] e [[Hans Urs von Balthasar]].
 
O 24 de marzo [[1977]] foi consagrado bispo de Múnic e Freising. O 27 de xuño foi creado cardeal por [[Paulo VI]]. En [[1981]] foi nomeado por [[Xoán Paulo II]] como prefecto da Congregación da Doutrina da Fe (antigo Santo Oficio). A fronte da mesma, sancionou a [[Leonardo Boff]]. Durante ese mandato publicouse o ''Informe sobre a Fe'' que contiña unha entrevista onde Ratzinger manifestaba a necesidade de controlar as innovacións postconciliares, o que lle valeu o aplauso dos sectores conservadores da Igrexa.Ç