Diferenzas entre revisións de «Pobos eslavos»

sen resumo de edición
m (→‎Véxase tamén: Arranxos varios)
Cando os movementos migratorios chegaron ao fin, apareceron entre os eslavos os primeiros rudimentos de organizacións de [[estado]], cada un liderado por un príncipe cun tesouro e unha forza de defensa; e o inicio das diferenciacións de clases, coa nobreza xurando lealdade aos emperadores [[francos]] e do [[Sacro Imperio Romano]].
 
No [[século VII]] o nobre franco [[Samo]], que apoiou os eslavos na guerra contra os seus dominadores [[ávaros]], volveuse o gobernante do primeiro estado eslavo na [[Europa Central]]. A [[Corintia]], situada onde hoxe están [[Austria]] e [[Eslovenia]] era un estado eslavo; moi antigos tamén son o [[Principado de Nitra]] e o [[Principado de Moravia]]. Nese período existiron grupos e estados eslavos centrais, tal como o [[Principado de Balaton]] (ou ''Panoniano'' ou ''Transdanubiano''), pero a subsecuente expansión dos [[pobo maxiar|maxiares]] e [[pobo romanés|romaneses]], así como a xermanización de Austria, separaron os eslavos do norte dos do sur.
 
Ao principio da historia dos eslavos, e continuando na escuridade da [[Idade Media]], grupos non eslavos eran lentamente asimilados polas poboacións falantes de idiomas eslavos: os [[Pobo búlgaro|búlgaros]] eslavizáronse e o seu idioma turco desapareceu; noutros casos, os eslavos foran asimilados por outros grupos, tales como [[pobo romanés|romaneses]], [[pobo maxiar|maxiares]], [[Pobo grego|gregos]] etc. Os [[croatas]] e [[serbios]] mesturáronse probabelmente cos [[alanos]] e/ou cos [[ilirios]].
 
Dificilmente se desenvolveu calquera tipo de unidade entre os varios pobos eslavos na Antigüidade, aínda que algúns fráxiles trazos de cooperación aparezan. Por mor da amplitude e diversidade dos territorios ocupados polos pobos eslavos, había varios centros de consolidación eslavos, un proceso que nunca foi completado por moitas razóns. No [[século XIX]], o [[Paneslavismo]] desenvolveuse como un movemento entre intelectuais, académicos e poetas, pero que raramente influenciaba as accións políticas. A [[Rusia]] tsarista usou o paneslavismo como ideoloxía para xustificar as súas conquistas territoriais en Europa Central e, desa forma, a ideoloxía pasou a ser asociada ao imperialismo ruso. A experiencia eslava común do comunismo combinada co repetido uso da ideoloxía pola propaganda soviética tras a [[Segunda Guerra Mundial]] dentro do Bloque Oriental ([[Pacto de Varsovia]]) era unha forza de nivelamento obrigatoria económica e política da hexemonía da [[Unión Soviética]] dominada polos rusos, e desa forma desprezada polas demais nacións conquistadas. Unha unión política notábel do [[século XX]] que abrangueu varios pobos eslavos do sur foi a [[Iugoslavia]], que hoxe está desfeita.
204.762

edicións