La Rambla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
O paseo está moi concurrido tanto de día como de noite. Está cheo de quioscos de prensa, flores e [[aves]], [[cafetaría]]s, [[restaurante]]s e comercios. Preto do porto existe un gran número de mercados, así como pintores e debuxantes. Paseando pola Rambla poden admirarse varios edificios de interese, como o [[Palau de la Virreina]], o [[La Boqueria|mercado de La Boqueria]] e o famoso teatro [[Gran Teatre del Liceu|Liceu]], no que se representan [[ópera]]s e [[ballet]]s. As rúas laterais tamén teñen un encanto especial. Unha delas, de poucos metros de lonxitude, conduce á [[Plaça Reial]], unha praza con [[Palmeira (botánica)|palmeiras]] e edificios con soportais que acollen multitude de cervexarías e restaurantes, e na que se reúnen os fins de semana os coleccionistas de [[Selo postal|selos]] e de [[moeda]]s.
[[Ficheiro:1ª figura cera ramblas.jpg|miniatura|Figura de cera, decorativa en La Rambla xunto ao Museo de Cera de [[Barcelona]], [[Cataluña]].]]
[[Ficheiro:Monumento colon78.jpg|miniatura|O monumento a Colón, ao final de La Rambla, [[Barcelona]].]]
 
La Rambla recibe nos seus diferentes tramos diversa nomenclatura, polo que tamén é usual a súa denominación en plural: ''Les Rambles''. Desde a [[Plaça de Catalunya]] os diferentes tramos reciben os seguintes nomes:
Liña 13:
* Rambla de Sant Josep
* Rambla dels Caputxins
* Rambla de Santa Mònica
 
O paseo de La Rambla desemboca no porto antigo (Plaça Portal de la Pau), onde se sitúa a soada [[Monumento a Colón, Barcelona|estatua de Cristóbal Colón]], desde alí unha ampla pasarela de paseo á que se denomina Rambla de Mar leva ata a zona do Maremàgnum. Polo extremo de montaña e desde a [[Plaça de Catalunya]], a traxectoria ascendente que segue o paseo polo [[Eixample de Barcelona|Eixample]] ata atoparse coa [[Avinguda Diagonal|Avenida Diagonal]] recibe o nome de [[Rambla de Catalunya]], considerada un paseo independente do que transcorre por [[Ciutat Vella de Barcelona|Ciutat Vella]].
 
Nas inmediacións atópase o [[Museo Marítimo de Barcelona|Museo Marítimo]], adicado especialmente á historia naval no [[Mediterráneo]], e no que se exhibe a reprodución a escala real dunha antiga galera de combate. O museo está situado nas [[Drassanes Reials]], [[Estaleiro naval|estaleiros]] da [[Idade Media]], onde se construían os barcos que conectaban os extensos dominios da Coroa de Aragón no Mediterráneo. O porto antigo ofrece outros atractivos, como un centro de lecer e comercios, restaurantes, un cine [[IMAX]], e o maior acuario de fauna mariña mediterránea.
 
No centro histórico, moi preto de La Rambla, tamén son interesantes a [[Catedral de Barcelona]], a [[Plaça de Sant Jaume]] que acolle os edificios da [[Generalitat de Catalunya]] e do [[Casa de la Ciutat de Barcelona|Concello de Barcelona]], e as estreitas pero animadas rúas tanto do barrio Gótico como do [[El Raval|Raval]] e do Born.
 
[[Ficheiro:Spain.Barcelona.Les.Rambles.svg|450px|As Ramblas]]