Paros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética
m Arranxos varios
Liña 28:
}}
 
'''Paros''' ([[lingua grega|grego]] ''Πάρος'', [[latín]] ''Parus'') é unha pequena illa grega situada no [[Mar Exeo]], ao sur de [[Delos]] e ao oeste de [[Naxos]], da que está separada por unha canle. Pertencente ao conxunto das [[Cícladas]], é a terceira en tamaño con 207 Km² de extensión e 118  km de praias. É unha illa sen apenas vexetación, montañosa e con grandes extensións chairas aptas para o cultivo. Posúe dous grandes [[baía|golfos]] naturais, o de Naussa e o de Parikia. Ten unha poboación de 15.000 habitantes, coñecidos polo xentilicio de parios.
 
== Historia ==
Liña 37:
Nun illote, entre Paros e [[Antíparos]], os arqueólogos descubriron as máis antigas pegadas de hábitat nas Cícladas ([[-5300]] - [[-4500]]). As illas de Paros, Antíparos e Despotico foron ocupadas durante todo o período [[cicládico|protocicladico]] ([[-3200]] - [[-2200]]/[[-2000]]): civilización «Pilou-Lakkoudon», civilización «Keros-Siros», civilización «Filacopí-Polis I» , logo civilización «Filacopí-Polis II».
 
Os [[illa de Creta|cretenses]] dominaron a illa durante a [[civilización minoica|época minoica]]. Fixeron dela un gran porto estratéxico. A lenda conta que o rei [[Minos]] sacrificaba ás Grazas en Paros cando lle informaron do asasinato do seu fillo [[Androgeo]] en [[Atenas]]. El continuou o [[sacrificios relixiosos de Grecia Antiga|sacrificio]], pero rexeitou a coroa que adornaba a súa cabeza e parou as música das frautas rituais. Explícase así o carácter particular dos sacrificios ás Grazas en Paros na antigüidade: sen coroas de flores nin música. [[Androgeo]] tivera dous fillos, Alceo e Esténélo, a quen Minos establecería en Paros cos seus tíos, os fillos que el tivera coa ninfa Paria: Nefalión, Eurimedonte, Criseo e Filolao. É así como a [[mitoloxía grega|mitilogía]] explica a dominación minoica da illa.
 
A lenda di que foi colonizada por Paros de Parrasia, que levou á illa unha [[colonización grega|colonia]] de [[Arcadia|arcadios]]. Os supostos nomes antigos foron ''Plateia'' (ou ''Pactia''), ''Demetrias'', ''Zacinto'', ''Hiria, Hileessa, Minoa'' e ''Cabarnis''. Atenas enviou unha colonia de xonios que achegaron prosperidade e crearon colonias en [[Thasos]], e a de [[Parion]] no [[Helesponto]].
 
Habitada desde a prehistoria, a súa historia é relevante a partir da [[civilización micénica]], posteriormente, na [[civilización minoica]] ou cretense e nas [[guerras médicas]] coñeceu o seu maior apoxeo.
 
Patria do [[poeta]] [[Arquíloco]] e sede do ''Arquiloqueo'', templo dedicado ao poeta polos seus compatriotas logo de morto. Famosa na antigüidade polo seu mármore.
 
Ao comezo das [[guerras médicas]] a illa dependía de Naxos e estaba á beira de [[Persia]], e enviou unha nave á [[batalla de Maratón]]. Como castigo foi arrasada pola frota ateniense dirixida por [[Milcíades o Mozo|Milcíades]] que pediu un tributo de 100 [[talento]]s, pero a cidade resistiu e obrigou aos atenienses a retirarse logo de 26 días de asedio. No templo de Deméter en Paros, Milcíades recibiu a ferida da que morreu. Logo da batalla de [[Artemision]], a illa, que continuaba sendo aliada de Persia, mantivo a neutralidade á espera dos acontecementos. [[Temístocles]] impúxolle un tributo ao final da guerra e entrou na [[confederación de Delos]], onde pagaba o tributo máis alto de todas as illas (30 talentos).
 
O goberno foi democrático, dirixido por un senado, pero na época da [[guerra do Peloponeso]], en [[-410]], xa gobernaba a oligarquía, cando foi alí o xeneral ateniense [[Teramenes]] e restaurou a democracia. En [[-387]] entrou na nova confederación ateniense. En [[-385]], en cooperación con [[Dionisio I]] de [[Siracusa]], fundou unha colonia na illa chamada [[Faros (Iliria)|Faros]] en [[Iliria]].
 
En [[-357]] separouse da confederación, pero perdeu importancia política. Logo da morte de [[Alexandre o Grande]] dependeu uns anos dos [[Dinastía Tolemaica|Tolomeos]].
 
Pasou a [[Roma Antiga|Roma]] e a [[Bizancio]], e logo de [[1207]] foi parte do [[ducado de Naxos]], dentro do cal formou unha señoría. En [[1573]] pasou aos [[Imperio Otomán|otománs]] e en [[1830]] foi recoñecida parte de [[Grecia]].
 
Na illa atopouse a [[Crónica de Paros]].
 
== Escavacións e restos arqueolóxicos ==
Liña 59:
Na illa de Paros foi descuberta a cidade homónima que restituíu restos de muros e un [[templo]] [[orde xónica|xónico]] do [[século -VI]] sobre a [[acrópole]] xa habitada en [[civilización micénica|época micénica]].
 
Poucas son as pedras que permanecen en pé do recinto sacro. Do templo só restan os cimentos e algúns elementos que, aínda que pertencentes á lugar sacro, apareceron como aproveitados e reutilizados noutras construcións moito máis tarde.
 
Tamén sobre o outeiro de Castro existen restos arqueolóxicos. Corresponden ao santuario de [[Apolo]] cun templo [[orde dórica|dórico]] (século -VII - -VI) e dous altares dedicados a [[Artemisa]], ambos pertencentes á época arcaica pero a períodos sucesivos.
 
Fóra da zona habitada de Paros e xunto a moitos outros epígrafes, A. Orlando recuperou en [[1961]] o que se refire ao poeta Arquíloco. A inscrición está gravada nun [[capitel]] [[orde corintia|corintio]] posterioremente reutilizado e atopado nunha basílica medieval.
 
Probablemente non lonxe achábase o ''heroon'' (tumba) do poeta, que participaría co seu pai na [[colonización grega|colonización]] de [[Thasos]].
 
Tamén poderían pertencer ao monumento algúns relevos funerarios atribuídos á primeira metade do século -VI.
Liña 71:
== Porto antigo de Paros ==
 
A illa de Paros tivo un porto marítimo florecente durante a antigüidade. Fundou colonias, tales como Thasos no século -VIII e a illa de Faros na costa dálmata no século -IV. o Eforato grego supervisou os portos de Paroikia e Naoussa entre o 6 e o 11 de setembro de [[1979]]. En Paroikia, o equipo de arqueólogos do Eforato achou varias estruturas baixo o mar na zona do porto. Primeiro, varios bloques de mármore, e de pezas de calcaria utilizados na arquitectura, foron achadas no porto A unha profundidade de entre un e seis metros. columnas de mármore de diferentes tamaños foron tamén descubertas moi preto da costa no porto. Unha pequena columna de mármore de 36  cm de diámetro estivo afundida a unha profundidade de seis metros. Ao noroeste desta columniña acháronse dúas columnas de mármore, de 1´30 m e 2´80 m de diámetro, de pé na area.
 
Dous grandes bloques rectangulares de mármore, o máis grande medía 3,1 m de longo, foron achados tombados no fondo. Outra columna de mármore dunha lonxitude de 4´35 m, estaba tombada na area á beira doutras columnas de diversos tamaños. É posible que estas columnas e bloques formasen o material dun edificio de mármore erixido no paseo do antigo porto cerca do mar.
Con todo, é igualmente posible que estes bloques formasen parte dun edificio fabricado para exportar ao continente, onde sería ensamblado (Gruben, 1972 : 28-9). Os bloques de mármore son do mesmo tipo que os achados nunhas ruínas preto de [[Crotone]], en [[Italia]] (Pensabene, 1978 : 105-118).
 
Na baía de Paroikia, varias estruturas foron atopadas. Un grande edificio con varias salas foi achado moi preto da praia. Os muros estaban formados de creta e de gneis. Rubensohn realizara un plano deste edificio e pensaba que se trataba dunha [[arquitectura romana|construción romana]]. A parte alta deste espigón áchase a unha profundidade de dúas a tres m da superficie. A estrutura ten forma de lingua. En sección, este dique ten forma de rampla cunha depresión circular de dous metros de longo e un metro de profundidade. En Naoussa, ao norte da illa, tres diques foron localizados así como cerámicas romanas do [[século -I]], e bizantinas.
 
== Igrexa da Panaghia Ekatontopiliani ==
 
[[Ficheiro:Ekatontopiliani Paros.jpg|miniatura|dereita|200px|Igrexa da Panaghia Ekatontopiliani]]
 
Igrexa da "Virxe das Cen Portas", é un inmenso edificio de pedra (e non encalado como todas as outras igrexas das Cícladas) e cuberto de tellas.
Liña 88:
De feito, o nome sería corrompido durante a ocupación [[imperio otomán|otomá]]. A lenda querería que a igrexa non tivese máis que 99 portas e que a centésima aparecese por milagre cando Constantinopla fose reconquistada.
 
Une lenda atribúe a fundación da igrexa a [[Elena de Constantinopla|Santa Helena]], a nai do emperador Constantino I. Unha lenda diferente elixiu a outra gran figura bizantina, Xustiniano I, que mandaría a Ekatontopiliani a un alumno de [[Isidoro de Mileto|Isidoro]], o arquitecto de Santa Sofía.
 
[[Ficheiro:Baptisterio Paros.jpg|miniatura|dereita|200px|Baptisterio do século IV]]
 
As escavacións do profesor Orlando nos anos 1960 sacaron á luz un [[baptisterio]] e un [[atrium]], que proban que as primeiras construcións remóntanse ao século IV.
Liña 101:
O [[arquitrabe]] do [[iconostasio]] remóntase a século VI, como o ciborio, un dos máis antigos coñecidos. O synthronon episcopal está formado de 7 banzos semicirculares de mármore recuperado nas ruínas do teatro antigo. Baixo o [[synthronon]] corre a fonte milagrosa na que bebería san Teocristi, un santo pario enterrado nunha das capelas laterais.
 
San Teocristi sería un mozo do século VIII, orixinario de [[Mitilene]]. Raptado con 18 anos polos piratas, lograra escapar do barco. Había encallado en Paros onde viviu como asceta na igrexa de Ekatontopiliani. Esta lenda podería corroborar pois o feito que Paros sexa abandonada en época bizantina. Teocristi viviría así trinta anos antes de ser descuberto por un cazador que foi asustado por este esqueleto fantasmagórico. Á súa morte, volveuse patrón da illa e foi enterrado en Ekatontopiliani.
 
Ekatontopiliani é un importante lugar de peregrinación para a [[Asunción de María|Asunción]], case igual que [[Tinos]].