Templo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo, retiro interwikis e engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 3:
 
Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de [[Mesopotamia]]<ref>Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322</ref>. Tratábase de edificios rectangulares que co tempo evolucionaron a edificios sobre unha plataforma, dentro dela quedaban os restos do templo anterior, así ata que no século XXI A. de C. surxiu o [[Cigurat]], un templo situado sobre varias plataformas de tamaño decrente.
Os templos exipcios eran edificios longos, o seu interior dividíase en varias estancias, algunhas con columnas, ata o extremo final onde se atopaba a cela coa estatua do deus onde os exipcios idolatraban aos seus deuses a través de sacerdotes especializados<ref> Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4</ref>.
O helenismo expandiu por todo Occidente e Oriente Medio o templo grego, un edificio rectangular dunha soa habitación cun portal columnado con diferentes capiteis dos tres estilos decorativos gregos(dórico, xonio e corintio). De [[Grecia]] pasou a [[Roma]], onde estes colocaron o templo grego sobre unha plataforma.
Na [[idade media]] o cristianismo adoptou un edificio romano civil,a basílica<ref> Donald Egoff, Crímenes cristianos: Volume IV: 1ª ed, 1989, páx. 69</ref>, ata que adoptou a planta en forma de cruz. Este modelo mantívose ata o século XX, pasando polos estilos [[prerrománico]], [[románico]], [[gótico]], renacentista, [[barroco]] e neogótico ata o [[Movemento Moderno]].
Mentres no outro lado do mundo o budismo reutilizaba a arquitectura de relixións anteriores par as súas stupas, pagodas e wans<ref> B Dereck und Johnny Spanish," origins of asian civilizations", 1956, ed Northworks</ref> e así o túmulo no que rezaban aos antergos converteuse nas stupas e os templos das relixiósn animistas pasaron a sincretizarse co [[Buda]] erguendo templos cun altar coa súa estatuaria en diferentes posturas e tamaños.
No [[Islam]] adoptous eo modelo xudeu da Sinagoga pero con engadidos das igrexas cristiás orientais<ref> Ich Aloysus, La caguda del imperi sasanida, 2007, ed Avuí</ref>, sumándolle así o minarete á [[mesquita]], que encheron con decoración abstracta de motivos xeométricos e versículos do [[Corán]].
 
 
== Galicia ==