Mitocondria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Mitochondria, mammalian lung - TEM.jpg|miniatura|300px|Dúas mitocondrias de [[Tecido (bioloxía)|tecido]] [[pulmón|pulmonar]] de [[mamífero]] vistas ao [[microscopio electrónico]] de transmisión. Pódense observar algunhas estruturas da mitocondria, como s súas membranas, as cristas mitocondriais e a matriz.]]
 
As '''mitocondrias''' (''[[etimoloxía]]'': do [[lingua grega|grego]] ''μίτος'', mítos: fío, e ''κόνδρος'', kóndros: gránulo)<ref name="">Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 12. Páxina 137. ISBN 84-7680-300-1 (do tomo)</ref> son [[orgánulo]]s [[citoplasma|citoplasmáticos]] provistos de dobre membrana que se encontran na maioría das [[célula]]s [[Eukarya|eucariotas]].<ref name="mitosomes">{{Cita publicación periódica |autor=Henze K, Martin W |título=Evolutionary biology: essence of mitochondria |publicación=Nature |volume=426 |número=6963 |páxinas=127–8 |ano=2003 |pmid=14614484 |doi=10.1038/426127a}}</ref> Só carecen delas algúns eucariotas [[anaerobio]]s, que no seu lugar teñen [[hidroxenosoma]]s ou [[mitosoma]]s, orgánulos á súa vez derivados de mitocondrias. O conxunto de mitocondrias da célula denomínase '''condrioma'''. O seu tamaño varía entre 0,5–10&nbsp;micrómetros ([[micrómetro|μm]]) de lonxitude. As mitocondrias descríbense en ocasións como "xeradoras de enerxía" das células, debido a que producen a maior parte da subministración de [[adenosín trifosfato]] (ATP) por [[fosforilación oxidativa]], o cal se utiliza como fonte de enerxía química.<ref>{{cita libro | apelidos = Campbell | nome = Neil A. |ligazónautor= |autor2= Brad Williamson; Robin J. Heyden | título = Biology: Exploring Life | editorial = Pearson Prentice Hall | ano = 2006 | localización = Boston, Massachusetts | url = http://www.phschool.com/el_marketing.html | id = | isbn = 0-13-250882-6 }}</ref> Esta expresión ("xeradora de enerxía") é, porén, unha simplificación, xa que as súas funcións son máis amplas. A mitocondria cumpre un papel central no fluxo enerxético da célula debido a que realiza unha función metabólica consistente en transferir ou transformar a enerxía química potencial almacenada nos enlaces [[covalente]]s de certas moléculas como a glicosa ou ácidos graxos en enerxía química almacenada nos enlaces covalentes entre fosfatos do ATP ([[enlace anhidro|enlaces anhidro]]). Esta última forma de enerxía química potencial é doadamente utilizable pola célula e foi seleccionada ao longo da evolución filoxenética como o mecanismo por medio do cal todos os procesos celulares que requiren o uso de enerxía dispoñen con facilidade da mesma.
Ademais de proporcionar enerxía á célula, as mitocondrias están implicadas noutros procesos, como a [[sinalización celular]], [[diferenciación celular]], almacenamento de [[calcio]], [[morte celular programada]], e control do [[ciclo celular]] e do [[crecemento celular]].<ref>{{Cita publicación periódica |autor=McBride HM, Neuspiel M, Wasiak S |título=Mitochondria: more than just a powerhouse |publicación=Curr. Biol. |volume=16 |número=14 | páxinas = R551 |ano=2006 |pmid=16860735 | doi = 10.1016/j.cub.2006.06.054}}</ref> A mitocondría está involucrada, directa ou indirectamente, en todos os procesos fisicoquímicos que requiren o uso de enerxía para a súa execución, é dicir, todos aqueles procesos que, desde o punto de vista termodinámico, non se realizan espontaneamente.