Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Política: texto traducido desde a wiki .es:Alejandro_Política
m Arranxos varios
Liña 136:
=== Morte ===
[[Ficheiro:Xàtiva. Casa d'Alexandre VI. Placa.jpg|miniatura|Placa conmemorativa na casa natal de Alexandre VI en [[Xàtiva]].]]
O 6 de agosto de 1503 Alexandre Borgia e César Borgia celebraron un banquete na residencia campestre do cardeal [[Adriano Castellesi|Adriano da Corneto]], en compañía doutros comensais. Varios días despois todos eles caeron gravemente enfermos; a mocidade de César permitiulle superar a enfermidade, pero o papa Alexandre faleceu aos 72 anos, o 18 de agosto.
 
A causa da súa morte é descoñecida; aínda que inmediatamente despois de producirse, difundíronse os rumores de que o falecemento fora producido pola inxestión dun veleno que César Borgia había preparado para asasinar aos outros convidados, e que polo erro dun dos serventes foilles fornecido a eles mesmos; este feito foi dado por certo por varios historiadores contemporáneos entre os que se contaron [[Francesco Guicciardini]]{{Harvnp|Guicciardini|1818 |p=23, Libro VI, }} e [[Paolo Giovio]];<ref>[[Paolo Giovio]] ''Vita di Consalvo Fernando di Cordova, detto Il Gran Capitano'', incluida en las [http://www.archive.org/details/crnicasdelgran00rodruoft ''Crónicas del Gran Capitán''], páxs. 524-525.</ref> posteriormente [[Juan de Mariana]],<ref>[[Juan de Mariana]]: [http://books.google.es/books?id=wa8LAAAAYAAJ Historia general de España] (1592), p. 114.</ref>{{Harvnp|Zurita|2005|p=Libro V, Cap. XLII}} ou [[William H. Prescott|W. H. Prescott]]<ref>[[William H. Prescott|William Hickling Prescott]]: [http://books.google.es/books?id=wWEEAAAAQAAJ History of the Reign of Ferdinand and Isabella, the Catholic, of Spain] (1838), vol. III, p. 177.</ref> extenderían a mesma teoría.
Liña 149:
Alexandre puxo a súa atención na defensa e embelecemento da "Cidade Eterna". No capítulo artístico, encargou a [[Donato d'Angelo Bramante|Bramante]] o proxecto para a construción dunha nova basílica de San Pedro (aínda que morrería pouco despois e o mérito levouno o seu sucesor, [[Xulio II, papa|Xulio II]]) e mandou levantar o edificio principal da [[Universidade de Roma La Sapienza|Universidade de Roma]].
 
Converteu o Mausoleo de Adriano (actual [[castelo Sant'Angelo]]) nunha fortaleza capaz de soportar calquera sitio. Coa fortificación da Torre Nona asegurou a cidade contra ataques navais. Merece ser chamado o fundador da Cidade Leonina, a que el transformou no barrio máis de moda en Roma. A súa magnífica Via Alessandrina, hoxe en día chamada Borgo Nuovo, continúa sendo ata hoxe a magna chegada a San Pedro. Baixo a súa dirección, [[Pinturicchio]] adornou o [[Apartamentos Borgia|Appartimento Borgia]] no [[Palacio Apostólico]], indicándolle o camiño ao seu inmortal discípulo, [[Rafael]].
 
A súa memoria está asociada cos edificios que construíu, pero tamén cos que construíron reis e cardeais aos que el convenceu de facelo. Durante o seu papado [[Bramante]] deseñou, para os Reis Católicos Fernando e Isabel, esa xoia exquisita da arquitectura, o [[Templete de San Pietro in Montorio]] ou ''Tempietto'', sobre o sitio coñecido tradicionalmente como o do martirio de san Pedro. E se non foi Bramante, certamente foi algún outro dos grandes arquitectos, igualmente atraído a Roma pola fama da liberalidade do papa, quen construíu para o cardeal [[Rafael Sansoni Riario|Riario]] o magnífico [[palacio da Cancillería]]. En 1500, o embaixador do Emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano]] puxo a primeira pedra da fermosa igrexa nacional dos alemáns, Santa Maria dell' Anima. Para non quedar atrás, o cardeal francés, Briconnet, erixiu a [[Trinità dei Monti|Santa Trinità dei Monti]], e os españois [[Igrexa de Santa María de Montserrat dos Españois|Santa Maria dei Monserrato]]. A Alexandre debémoslle os fermosos teitos de [[Basílica de Santa María a Maior de Roma|Santa Maria Maggiore]], en cuxa decoración foi utilizado, segundo a tradición, o primeiro ouro levado de América por [[Cristovo Colón]].
 
Aínda que se di que nunca presumiu de grandes coñecementos, sempre apoiou as artes e a ciencia. Sendo aínda cardeal escribira dous tratados sobre asuntos canónicos e unha defensa da fe cristiá. Reconstruíu a Universidade Romana e realizou xenerosas contribucións para o mantemento dos profesores. Sempre se rodeou de persoas moi cultas e sentía unha predilección especial polos xuristas. O seu gusto polas representacións teatrais fomentou o desenvolvemento do drama. Gozaba moito das cerimonias papais, ás que engadía graza e dignidade coa súa figura maxestuosa. Gustáballe escoitar aos bos predicadores e admiraba a boa música. Cabe destacar tamén que o papa Alexandre VI foi un gran admirador de Pinturicchio, un artista pouco recoñecido pola sociedade italiana e que foi un dos artistas favoritos de Alexandre VI.<ref>{{Cita web|url=http://web.archive.org/web/http://ec.aciprensa.com/a/alejandro6papa.htm |título=Papa Alejandro VI|dataacceso=26 de outubro de 2012 |apelidos=Laughlin |nome=James F.|obra=La enclopedia Católica}}</ref>
Liña 157:
Unha das primeiras cuestións que abordou o papa Alexandre foi a repartición das terras do [[Novo Mundo]] entre as dúas potencias que optaban ao seu descubrimento, colonización e dominio: [[Castela]] e [[Portugal]]. Nas ''[[Bulas Alexandrinas]]'' de 1493 (as dúas ''Inter cœtera'', ''[[Eximiae devotionis|Eximiœ devotionis]]'' e ''[[Dudum siquidem]]''), previas ao [[Tratado de Tordesillas]] (1494), fíxase o meridiano divisorio das zonas de influencia castelá e portuguesa a cen leguas das [[Azores]] e [[Cabo Verde]].
 
O ascenso de Alexandre VI ao solio papal marcou un punto crave na política italiana e internacional, sendo el mesmo o comezo de toda unha nova etapa en canto ao balance do poder en Europa.
 
Esta claro que a máis grande ambición de Alexandre VI era lograr que a súa familia dominase toda Italia, o cal aspiraba a lograr mediante as alianzas e convenientes ligazóns da súa familia coas máis poderosas dinastías italianas, usando tales vínculos, en conxunto co poder do papado, para conseguir a submisión de toda a península.