Imperio Alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antecedentes: arranxiños
m →‎top: Arranxos varios
Liña 71:
|notas =
}}
O '''Imperio Alemán''' (en [[idioma alemán|alemán]]: ''Deutsches Reich'',<ref name="constitution">[[:m:s:de:Verfassung_des_Deutschen_Reiches_Verfassung des Deutschen Reiches (1871)|Constitución alemá de 1871]] (en alemán)</ref> chamado por algúns historiadores alemáns ''Kaiserlich Deutsches Reich'' ou simplemente ''Kaiserreich''), foi a forma de [[Estado]] que existiu en [[Alemaña]] desde [[Unificación alemá|a súa unificación]] e a proclamación de [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] como emperador, o [[18 de xaneiro]] de [[1871]], ata 1918, cando se converteu nunha [[República de Weimar|república]] logo da derrota na [[Primeira Guerra Mundial]] e a abdicación de [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]] ([[9 de novembro]] de [[1918]]). O término de ''Deutsches Reich'' mantívose como nome oficial de Alemaña durante a [[República de Weimar]] e a maior parte do período nazi ata [[1943]], cando foi cambiado a ''Großdeutsches Reich'' («Gran Imperio Alemán»).
 
Durante os seus 47 anos de existencia, o Imperio alemán xurdiu como unha das economías industriais máis poderosas da Terra e unha gran potencia, ata que se derrubou logo da súa derrota militar na [[Primeira Guerra Mundial]] e a [[Revolución de Novembro]]. Os Estados fronteirizos máis importantes foron o [[Imperio ruso]] no leste, [[Terceira República Francesa|Francia]] no oeste e o [[Imperio austrohúngaro]] situado no sur.