Lingua aquitana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 26:
 
* O euskera é unha lingua traída por pobos que se asentaron na zona a finais do paleolítico superior. A teoría baséase na observación de [[Miguel de Unamuno]] de que “aitz”, “aitzur”, “aizkora” significan respectivamente 'rocha', 'sacho' e 'machada'. So pobos que non coñecen o metal usarían a mesma raíz para “pedra” e “machada”. Non hai que desbotar a posibilidade, con todo, de facer derivar "aizcora" do latín ''asciola'', de onde procede, por certo, a nosa palabra ''[[aixola]]''.
 
* O aquitano estaría relacionado coas linguas do [[Cáucaso]] (cuxa pertenza a unha única familia non está aínda demostrado). Segundo algúns autores, xunto co [[lingua etrusca|etrusco]] e outras linguas desaparecidas, formarían a familia [[dené-caucasiana]]. Algúns dos representantes modernos desta familia serían as [[Linguas caucásicas|linguas do Cáucaso]], as [[linguas dravídicas]] no sur da [[India]] e as [[na-dené]] en [[América do Norte]].
 
* O aquitano chegaría do norte de [[África]]. Esta teoría está relacionada co chamado [[vascoiberismo]], que ve no [[Lingua ibérica|ibero]] unha lingua emparentada co vasco (teoría popularizada por [[Wilhelm von Humboldt|Humboldt]]). Así os vascos e iberos estarían emparentados cos [[bérberes]] e outras linguas africanas.
 
Existen tamén indicios dunha relación moi antiga entre os aquitanos, os iberos e os pobos da [[cornixa cantábrica]], anterior ás invasións indoeuropeas celtas. Secuencias de letras como -sc- en etnónimos, sonorización da secuencia -nt- indoeuropea en -nd- e semellanzas entre teónimos lusitanos e aquitanos son algúns dos elementos que apoiarían esta afirmación.
 
Parece ser que a área da [[Aquitania]] e dos [[Pireneos]] foi fortemente romanizada, co que a lingua non sobreviviu na maioría do territorio (hoxe dominado por linguas romances como o [[lingua gascoa|gascón]], o [[lingua francesa|francés]] ou o [[lingua catalá|catalán]]). Desde este punto de vista, o euskera falado en [[Francia]] (o [[País Vasco]] francés) sería unha pervivencia da extensión orixinal da lingua en época romana.