Sri Lanka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Países de Asia mediante HotCat
m →‎Xeografía: Arranxos varios
Liña 75:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Ceylan-map.png|350px|esquerda|miniatura|Mapa do Sri Lanka.]]
A illa de Sri Lanka está separada da [[India]] polo golfo de Mann e o estreito de Palkia, pero queda enlazada ao continente mediante un rosario de arrecifes e bancos de area chamado [[Ponte de Adams]]. A estrutura xeolóxica da illa emparéntase estreitamente coa do subcontinente indio: o zócolo [[Precámbrico]], constituído de [[Cuarcita|cuarcitascuarcita]]s, [[gneis]], [[Xisto|xistosxisto]]s e [[Calcaria|calcariascalcaria]]s cristalinas, é parte integrante do escudo araboindi e aflora por toda a illa, coa excepción da península de [[Jaffna]], ao norte, onde desaparece baixo unha cobertura sedimentaria de calcarias miocénicas. O zócolo dá orixe a un extenso núcleo montañoso no sector meridional da illa, con enérxicas cristas (constitúen as máximas altitudes: Pidurutalagala, 2.524 metros; Adams Peak, 2.243 metros) e vales profundamente encaixadas, onde nacen os principais cursos de auga da illa. Entre este núcleo montañoso do sur e a área [[Mioceno]]nica do norte, caracterizada por un tipo de relevo [[cárstico]], disponse un sector de transición, que ocupa todo o Sri Lanka central, cunha paisaxe de pequenas chairas e relevos residuais modestos. As chairas costeiras son especialmente desenvolvidas ao oeste e ao sur, con numerosas lagoas e cordóns litorais; ao norte e ao leste, a costa faise máis abrupta.
 
== Economía ==