América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*grado > grao.
m Arranxos varios
Liña 213:
A [[agricultura]] é relativamente máis importante en [[México]] que nos demais países de América do Norte e, segundo datos do ano [[2003]], proporcionaba emprego a máis do 25% da man de obra (fronte ao 3% dos [[Estados Unidos]] e [[Canadá]]).<ref>[http://www.trilateral.org/NAGp/regmtgs/nycpdf_folder/agricultural_trade.pdf Agriculture and Trade in North America] {{en}}</ref> A [[agricultura de subsistencia]] é importante en todo [[México]], especialmente no sur, con todo, a agricultura comercial desenvolveuse adecuadamente en moitas áreas, sobre todo na chaira central e o norte do país. Os principais [[cultivo]]s son o [[millo]], o [[sorgo]], o [[trigo]] e os [[feixón]]s (destinados todos eles, na súa maior parte, o consumo doméstico), e o [[algodón]], o [[café]] e a [[cana de azucre]], cultivados principalmente para o [[exportación]]. Tamén produce importantes cantidades de [[froita]]s (como [[Laranxa (froita)|laranxa]], [[manga]], [[limón]], [[lima]], [[sandía]], [[uva]] e [[papaia]], entre outros), e desenvolve unha notable actividade gandeira ([[vacún]]).<ref>[http://www.economywatch.com/agriculture/country-wide/mexico.html EconomyWatch] {{en}})</ref><ref>[http://countrystudies.us/mexico/69.htm U.S. Library of Congress] {{en}}</ref><ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/economies/Americas/Mexico-AGRICULTURE.html Encyclopedia of the Nations] {{en}}</ref>
 
A agricultura nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e no [[Canadá]] está dominada por [[granxa]]s moi mecanizadas, as cales producen inmensas cantidades de [[cultivo]]s e produtos gandeiros. As [[Grandes Chairas]] do centro dos Estados Unidos e de parte do [[Canadá]] ([[Alberta]], [[Manitoba]] e [[Saskatchewan]]) son importantes produtoras mundiais de [[cereal|cereais]] (en especial [[trigo]], pero tamén [[cebada]], [[avea]], [[centeo]] e [[sorgo]]), sementes oleaxinosas e [[gando]] ( [[gando vacún | vacún]], destinado á [[industria láctea]] e cárnica, e la). Outra zona agrícola importante é o cinto do [[millo]] (''Corn Belt'' en [[lingua inglesa|inglés]]) que se atopa desde o oeste de [[Ohio]] ata o leste de [[Nebraska]]) e que produce as maiores colleitas mundiais de [[millo]], ademais de importantes cantidades doutros [[cereal|cereais]], brotes de [[soia]], gañado [[gando vacún|vacún]] e [[porcino]]. A agricultura en [[California]] produce unha enorme cantidade de cultivos de [[regadío]] de gran valor, especialmente [[froita]]s e [[hortaliza]]s. [[Florida]] e [[Texas]] tamén son grandes produtores de froitas e hortalizas, mentres que os estados de [[Idaho]], [[Estado de Washington|Washington]], [[Oregón]], [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], [[Dacota do Norte]] e o sueste do [[Canadá]] o cultivo de [[pataca]]s. Outros produtos agropecuarios relevantes son o [[algodón]], as [[aves]], os [[produtos lácteos]] e a [[cana de azucre]].<ref>[http://www.fao.org/ES/ess/census/wcares/canada_2000.pdf Canada - Agricultural Census 2001] {{en}}</ref><ref>[http://www.epa.gov/agriculture/ag101/cropmajor.html Major Crops Grown in the United States] {{en}}</ref>
=== Silvicultura e pesca ===
[[Ficheiro: Declaration independence.jpg |miniatura| Acta da ''Declaración de Independencia'' de [[John Trumbull]] depositado no [[Parlamento|Capitolio]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]
[[Ficheiro: Wounded Knee aftermath3.jpg|esquerda|miniatura|Campo de batalla de [[Wounded Knee]] despois do masacre de [[1890]].]]
A [[silvicultura]] é un subsector importante da economía canadense, especialmente na [[Columbia Británica]], [[Ontario]] e [[Quebec]].<ref>[http://www.canadian-forests.com/ Canadian Forests Website] (en inglés)</ref> Tamén hai industrias de produtos forestais nos estados do oeste (especialmente en [[Estado de Washington | Washington]], [[Oregon]] e [[California]]) e do sueste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>[http://www.wa.gov/esd/lmea/sprepts/indprof/forestry.htm www.wa.gov] (en inglés)</ref><ref>[http://www.oregon.gov/ODF/ www.oregon.gov] (en inglés)</ref><ref>[http://www.fs.fed.us/r5/ National Forests in California] (en inglés)</ref>
 
A [[pesca]] é a principal actividade económica de [[Groenlandia]], pero é pouco importante no [[Canadá]], nos [[Estados Unidos]] e [[México]], a pesar de que as capturas son elevadas e que algunhas áreas costeiras dependen dos ingresos resultantes das vendas de [[peixe]] e [[marisco]]. Ademais das augas que bañan [[Groenlandia]], os principais [[caladoiro]]s de pesca atópanse preto das costas setentrionais do [[Océano Pacífico|Pacífico]] e do [[Océano Atlántico|Atlántico]], as costas do [[Océano Atlántico|Atlántico]] meridional e o [[Golfo de México]].<ref>[http://www.oceana.org/north-america/what-we-do/pacific/united-states-protects-america-s-arctic-from-industrial-fishing/ United States Protects America's Arctic from Industrial Fishing] (en inglés)</ref> Ademais, grandes frotas dedicadas á pesca do [[atún]] teñen as súas bases no sur de [[California]] e ao oeste de [[México]].<ref>[http://www.bookrags.com/news/tuna-need-revives-pacific-fishing-moc/ Tuna need revives Pacific fishing areas] (en inglés)</ref>