Cliff Allison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 20:
{{Portal|Fórmula 1}}
 
[[Ficheiro:J Crosthwaite (with oily rag) and Graham Hill (on left of picture) with Lotus.jpg|thumb|right|Gran Premio de Silverstone, carreira de Fórmula Dúas, xullo de 1956. Cliff Allison, piloto do Lotus Eleven nº 16 apoiado no coche. Terminou cuarto. [[Graham Hill]], piloto de Lotus Eleven nº 18 de pé á esquerda. O mecánico principal [[John Crosthwaite]] sostén o pano.]]
 
'''Henry Clifford "Cliff" Allison''' nado en [[Brough, Cumbria|Brough]], [[Westmorland]], o 8 de febreiro de 1932 e finado en [[Brough, Cumbria|Brough]], Cumbria, o 7 de abril de 2005<ref>{{cite news|title=Cliff Allison|url=http://www.independent.co.uk/news/obituaries/cliff-allison-530349.html|accessdate=21 December 2010|newspaper=The Independent|date=9 de abril de 2005}}</ref> foi un británico [[piloto de carreiras]] de Inglaterra, que participou na [[Fórmula 1]] durante as tempadas de {{F1|1958}} a {{F1|1961}} cos equipos [[Team Lotus|Lotus]], [[Scuderia Centro Sud]], [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] e [[British Racing Partnership|UDT Laystall]].
Liña 29:
Allison e Dan Gurney compartiron un dos tres coches do equipo Ferrari que competiron na carreira dos [[1000 quilómetros de Nürburgring]] de xuño de 1959. Setenta e cinco coches participaron na carreira dos 1000 quilómetros que era un acontecemento do campionato do mundo para coches deportivos.<ref>''75 Cars To Start at Nürburgring'', New York Times, 7 de xuño de 1959, Page S6.</ref>
 
Allison emparelouse con [[Jean Behra]] nun Ferrari para terminar segundo nas 12 Horas de Sebring de 1959.<ref>''Ferraris Score in 12-Hour Race'', New York Times, 22 de marzo de 1959, Page S1.</ref> Os pilotos recibiron 1.550 $ en premios.<ref>''Hill and Gendebien Split Sebring Prize of $3,000'', New York Times, 23 de marzo de 1959, Page 40.</ref> Allison fixo a volta rápida na carreira de Sebring no Ferrari nº 9. Fíxo os 8´046 &nbsp;km. en 3 minutos 21.6 segundos na volta 97.<ref>''It Was Allison'', New York Times, 1 April 1959, Page 49.</ref>
 
En maio de 1960 Allison derrapou fora da estrada durante a práctica para o [[Targa Florio]] en [[Palermo]], [[Sicilia]]. O seu Ferrari marchaba a unha velocidade de 161 quilómetros por hora cando estalou un pneumático, ou iso cría o piloto. O coche chocou contra un bosque de matorrais, destrozando o coche e a a maior parte do que tocou. Cando ocorreu o accidente o Ferrari estaba preto do final dunha recta de 8 quilómetros. Era o único tramo rádido na estrada da carreira. Allison escapou do accidente sen un rasguño, pero o seu rostro estaba cenicento e a súa boca aberta cunha expresión de medo.<ref>''Crack-up Frightens Driver Out of Targa Florio in Sicily'', New York Times, 8 May 1960,
Page S6.</ref>
 
== Fórmula Un Lotus (1958, 1960), Ferrari (1959-60) ==
Allison viuse obrigado a facer numerosas paradas en boxes durante o [[Gran Premio de Mónaco de 1958]]. O seu Lotus terminou sexto, a 12 voltas do gañador da carreira [[Maurice Trintignant]].<ref>''Trintignant Drives Cooper Car to Victory in Monaco's Grand Prix, New York Times, 19 de maio de 1958, Page 31.</ref> Aínda así logrou o primeiro punto de campionato do mundo para o [[Team Lotus|Equipo Lotus]].<ref>{{cite web|last=Henry|first=Alan|title=Looking back, with Cliff Allison|url=http://www.motorsportmagazine.com/archive/article/february-1984/28/looking-back-cliff-allison|date=February 1984|publisher=[[Motor Sport (magazine)|''Motor Sport'']]|accessdate=17 de marzo de 2015}}</ref>
 
A plantilla de pilotos de Ferrari para {{f1|1959}} era [[Olivier Gendebien]], [[Phil Hill]], Brooks, Behra, Gurney, e Allison.<ref>''Ferrari To Pass Up Auto Races in Italy'', New York Times, 10 de decembro de 1958, Page 59.</ref>
 
Para o [[Gran Premio de Mónaco de 1959]] o equipo da fábrica de Ferrari presentou versións curtas dos coches que participarian en futuras carreiras de GP. En [[Monte Carlo]], os longos e finos morros de Ferrari foron cortados para permitir entrar máis aire nos sistemas de enfriamento.<ref>''Grand Prix Course in Monaco Is Too Slow, Drivers Complain'', New York Times, 10 de maio de 1959, Page S3.</ref> [[Wolfgang von Trips]] perdeu o control do seu [[Porsche no automobilismo|Porsche]] nunha curva onde a rúa estaba inclinada cara ao Casino. O Ferrari de Allison estrelouse contra el cando trompeou. O Lotus de [[Bruce Halford]] entrou logo na curva cega e converteuse en parte do accidente. Allison e o seu Ferrari sufriron danos menores mentres que von Trips tiña a cara hinchada, e Halford tiña un corte no seu brazo. Ningún dos tres coches puido continuar.<ref>''Brabham Wins Grand Prix de Monaco after Moss' Auto Drops Out'', 11 de maio de 1959, Page 36.</ref>
 
Sufriu un gran accidente ao volante do seu Ferrari mentres practicaba para o [[Gran Premio de Mónaco de 1960]], e levoulle case o resto do ano recuperarse das súas lesións. Allison lastimouse cando o seu Ferrari estrelouse contra unha barreira de palla. Estaba inconsciente cando o levaron a un hospital. Allison tiña o brazo esquerdo roto, fracturas na costelas, cortes faciais e unha conmoción cerebral. O seu estado foi catalogado como grave.<ref>''British Driver Is Injured in Monte Carlo Crash'', New York Times, 28 May 1960, Page 16.</ref>
 
Ao ano seguinte sufriu outro choque ao volante do seu Lotus no [[Gran Premio de Bélxica de 1961]]. Rompeuse os dous xeonllos e fracturouse a pelvis cando o seu coche saíuse da pista e envorcou nun campo.<ref>''Sports Datelines'', [[Los Angeles Times]], 17 de xuño de 1961, Page A5.</ref>