Reino de Italia (1805-1814): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 1:
{{outroshomónimos|Reino de Italia}}
{{País_desaparecido
|nome_oficial = <small>''Regno d'Italia'' <small>{{it}}</small></small>
|nome_completo = Reino de Italia
|status =
Liña 64:
O '''Reino de Italia''' foi un estado creado por [[Napoleón Bonaparte]] en [[1805]] cando, despois da súa [[Coroa (ornamento)|coroación]] como [[emperador]] transformou a [[República Italiana (1802-1805)|República Italiana]] en '''Reino de Italia''', autoproclamándose rei e nomeando [[vicerrei]] ao seu fillastro, [[Eugène de Beauharnais]]. Polo tanto foi un estado integrado no [[Primeiro Imperio Francés]].
 
Abranguía principalmente as rexións italianas da [[Lombardía]], a [[Emilia-Romaña]] e tamén, en menor medida, o [[Véneto]] e a [[Toscana]].
 
O reino foi disolvido tras a abdicación de Napoleón en [[1814]] (e a inmediatamente posterior do seu xenro e vicerrei) como consecuencia da derrota final do emperador na [[batalla de Waterloo]], que puxo fin ás [[Guerras Napoleónicas]].
 
O Reino napoleónico de Italia foi considerado pola historiadora anglo-italiana Jessie White como o embrión do estado unitario italiano establecido en [[1861]].<ref>White Mario, Jessie (2016): ''Garibaldi ed i suoi tempi''. Capítulo 2º. Charleston, South Carolina, USA: Nabu Press. ISBN 978-1-2723-3143-6.</ref> <ref>Esta edición é unha reimpresión da 1ª edición, publicada en 1884 en Milán por Fratelli Treves.</ref>
 
== Historia ==
Liña 88:
[[Ficheiro:1807KingdomItaly.jpg|miniatura|280px|O Reino de Italia en [[1807]], cando incluía [[Istria]] e [[Dalmacia]], antes na [[República de Venecia]].]]
 
O Reino de Italia incluía a final do ano de [[1806]] todos os territorios [[Adriático|adriátcos]] pertencentes á antiga [[República de Venecia]], é dicir, tanto [[Istria]] como [[Dalmacia]].
 
En [[1808]] o xeneral Marmont anexionou tamén o territorio da [[República de Ragusa]]. Durante case dous anos [[Dubrovnik|Ragusa]] (hoxe [[Dubrovnik]]) foi parte de Italia e, por decreto do gobernador Vincenzo Dandolo, o italiano, xa utilizado en séculos anteriores xunto co [[latín]], foi a lingua oficial da administración e das escolas, como en toda a Dalmacia.
Liña 107:
Foron tamén chamados a formar parte do Consello os ministros e os membros do Consello Lexislativo. O órgano dovidíase en cinco seccións: dereito, finanzas, guerra, interior e cultoa, aos que pertencían todos os membros, coa excepción dos Grandes Oficiais da Coroa e os ministros. Como Secretario foi designado [[Giuseppe Compagnoni]]. O Ministro de Xustiza foi [[Giuseppe Luosi]], o primeiro promotor da codificación en Italia.
 
Do Consello do Estado, dotado dun Secretario Xeral e algúns substitutos, formaban parte tamén os mesmos ministros, que tamén podían asistir ás reuniónes dos Consellos dos Consultores, Lexislativo e dos Auditores, cando se trataban asuntos relativos aos seus departamentos.
 
O Consello de Estado declarouse cesado pola proclama do Comisario Plenipotenciario [[Austria|austríaco]] conde de [[Heinrich von Bellegarde|Bellegarde]], o [[25 de xullo]] de [[1814]].<ref name = archivi>[http://www.lombardiabeniculturali.it/istituzioni/storia/?unita=04.05 Regno d'Italia - Archivi storici - Lombardia Beni Culturali].</ref>
Liña 127:
O Reino de Italia deixou de existir en [[1814]] co fin do período napoleónico. O [[6 de abril]] de [[1814]], Napoleón declarou que estaba disposto a abdicar, acto que formalizou o día 11 no seu fillastro e vicerrei. O día 16 Beauharnais comunicou que concluíra un armisticio co mariscal de campo [[Austria|austríaco]] [[Heinrich von Bellegarde]], aínda que esperaba que o seu trono se salvaría da derrota de Napoleón.
 
Despois dos disturbios milaneses do [[20 de abril]], co linchamento do Ministro de Finanzas [[Giuseppe Prina]] pola turba enfurecida, Beauharnais entendeu porén que non tiña o apoio da poboación. A xente identificábao cos detestados franceses e así, o 26 de abril abdicou, deixando o seguinte día Italia para retirarse ao exilio en [[Baviera]] cos seus sogros (estaba casado con [[Augusta de Baviera]], filla de [[Maximiliano I de Baviera|Maximiliano de Baviera]], conde —e despois rei— de Baviera).
 
Pero o [[Congreso de Viena]] compensou a Eugène de Beauharnais, baixo os auspicios do [[tsar]] de [[Rusia]], cun substancial patrimonio nas [[As Marcas|Marcas]]: 2.300 granxas e 137 palacios urbanos que foran expropiados durante o período napoleónico aos [[Estados Pontificios]].
Liña 176:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==