Diferenzas entre revisións de «Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico»

m
Arranxos varios
(bUSCatermos matrimonio ou casamento por procuración)
m (Arranxos varios)
}}
 
'''Henrique VI de Suabia''', ou '''Henrique VI Hohenstaufen''', nado o [[1 de novembro]] de [[1165]] en [[Nimega]] (que daquela formaba parte do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]), e finado o [[28 de setembro]] de [[1197]] en [[Mesina]] (daquela no [[Reino de Sicilia]]), foi un [[nobre]] [[Alemaña|alemán]] que foi [[rei dos Romanos]] de [[1169]] a [[1191]], [[monarca|rei]] de [[Alemaña]] de [[1190]] a [[1197]], [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] de [[1191]] a [[1197]] e [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] de [[1194]] a [[1197]].
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Federico I Barbarroxa]], [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], e da súa esposa [[Beatriz de Borgoña|Beatriz]], [[Condado de Borgoña|condesa de Borgoña]].
 
O [[29 de outubro]] de [[1184]], en [[Augsburgo]], concertouse o compromiso de Henrique coa princesa [[normandos|normanda]] [[Constanza de Sicilia]] (Constanza de [[casa de Hauteville|Hauteville]]). No verán de [[1185]] Constanza deixou [[Palermo]] para ir a [[Milán]], onde ía celebrarse a voda, acompañada dun fastuoso cortexo de príncipes e baróns. Henrique acompañou a Constana a [[Salerno]], onde tivo que deixala para viaxar a [[Alemaña]] para asistir ao enterro da súa nai.<ref>{{Cita web|url=http://www.treccani.it/enciclopedia/costanza-d-altavilla-imperatrice-e-regina-di-sicilia_(Dizionario_Biografico)/|título=Costanza d'Altavilla, imperatrice e regina di Sicilia|publicación=Dizionario Biografico degli Italiani - Volume 30 (1984)|dataacceso=30 de setembro de 2016}} En Trecanni {{it}}.</ref> O [[23 de agosto]] de [[1185]], polo valor simbólico e político que tiña a aprobación por parte da Igrexa deste enlace, en [[Rietti]], a primeira cidade fóra do [[Reino de Sicilia]], tivo lugar unha primeira celebración do matrimonio, por procuración, en presenza dunha delegación imperial en representación de Henrique.<ref>[http://www.rieti2000.it/r2k/dove/lasabina/5.htm "Il matrimonio per legatos di Costanza d'Altavilla (1185)"] {{it}}. Consultada o 30 de setembro de 2016.</ref> A voda repetiuse despois en [[Milán]], o [[27 de xaneiro]] de [[1186]].
En [[1190]] e [[1193]] logrou impoñerse sobre os [[nobre]]s alemáns que se lle opoñían, encabezados por [[Henrique o León]], duque de [[Saxonia]] e de [[Baviera]], e que contaban coa axuda do [[papado]] e do [[Inglaterra|rei de Inglaterra]] [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]], ao que chegou a apresar tras o seu segundo éxito. A pesar da vitoria mencionada non puido alcanzar o seu obxectivo de converter en hereditario o trono de [[Alemaña]] (causa do enfrontamento coa nobreza alemá, o papado e [[Inglaterra]]) pero, en [[1194]], tras un primeiro intento fracasado en [[1191]], logrou, practicamente polas armas, a coroa do [[Reino de Sicilia]], que reclamara como herdanza da súa esposa.
 
En [[1197]], o poder tiránico do rei estranxeiro no sur de [[Italia]] deu orixe a revoltas, especialmente no sur de Sicilia, que os soldados alemáns reprimiron cruelmente. No mesmo ano, Henrique preparou unha [[Cruzadas|Cruzada]],<ref>En 1197, aínda que "a ben preparada Cruzada do emperador Henrique era para conquistar a Terra Santa, tamén pretendeu alcanzar un antigo desexo dos normandos no leste: a conquista do imperio Bizantino". En: Hilgemann, Werner & Hermann Kinder (1974): ''The Anchor Atlas of World History, Volume I: From the Stone Age to the Eve of the French Revolution''. New York: Anchor Books, Doubleday, p. 153.</ref> pero o [[28 de setembro]] de [[1197]] morreu de [[malaria]] na cidade de [[Mesina]], aínda que algúns pensan que foi envelenado.<ref>"Enrique VI morreu en Messina, envelenado, polo que se cre, polo seu propio contorno debido á súa política italiana". En: Kenneth Varty, ed, (2000): ''Reynard The Fox: Social Engagement and Cultural Metamorphoses In the Beast Epic from the Middle Ages to the Present''. New York: Berghahn Books. ISBN 1-57181-737-9, p. 41.</ref>
 
 
{{Sucesión| título = [[Rei dos Romanos]] | predecesor = [[Federico I Barbarroxa|Federico I]] | sucesor = [[Filipe de Suabia]]<br />'''''<small>contra [[Otón IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Otón IV]]''</small> | período = [[1169]] - [[1191]]
=== Outros artigos ===
* [[Reino de Sicilia]]
 
{{ORDENAR:Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico}}
[[Categoría:Sacro Imperio Romano]]
[[Categoría:Nobres de Alemaña]]
[[Categoría:Finados no século XI]]
[[Categoría:Finados en 1197]]
[[Categoría:Nobres de Alemaña]]
393.002

edicións