Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 26:
|lugar de enterro = [[Catedral de Sevilla]]
|escudo = Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries.svg
|lema = <small><small>''Escudo de armas de Afonso X''</small></small>
}}
 
'''Afonso X''', nado en [[Toledo]] o [[23 de novembro]] de [[1221]]<ref name=":0">{{Cita web|url=http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/27996#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?|páxina-web=Real Academia Galega|título=Afonso X o Sabio|data-acceso=30 de abril do 2016}}</ref> e finado en [[Sevilla]] o [[4 de abril]] de [[1284]], foi rei de [[Reino de Castela|Castela]] e [[Reino de León|León]].<ref>A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén e do Algarve (desde 1260).</ref>
 
Á morte de seu pai, [[Fernando III de Castela|Fernando III o Santo]], retomou a ofensiva contra os [[musulmán]]s, e ocupou [[Xerez da Fronteira|Xerez]] (1253), arrasou [[Salé]], o porto de [[Rabat]] (1260) e conquistou [[Cádiz]] (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos [[mudéxar]]es de [[Murcia]] e do [[Guadalquivir|val do Guadalquivir]].
 
Como fillo de [[Beatriz de Suabia]], da [[casa de Hohenstaufen]], aspirou á coroa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
 
Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, [[Fernando de la Cerda]], e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta do [[infante]] [[Sancho IV de Castela|Sancho]] e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar ao seu fillo Sancho.
 
Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando a moeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 ao ''[[Honrado Consejo de la Mesta]]''.
Liña 47:
=== Infancia e educación ===
Aínda [[infante]], participou na toma de varias prazas andaluzas, entre elas [[Cádiz]]; porén, tivo que renunciar á posesión do [[Reino do Algarve]] (polo [[tratado de Badaxoz]] de [[1267]]), e ás súas aspiracións sobre o [[Reino de Navarra]].
Tamén fracasou na disputa pola coroa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], aínda que conseguiu que o elixiran [[rei dos Romanos]], o paso previo para acadar a coroa imperial.
 
Afonso era o fillo primoxénito de [[Fernando III de Castela|Fernando III de Castela e León, o Santo]] e de Elisabeth [[Hohenstaufen|von Hohenstaufen]], máis coñecida como [[Beatriz de Suabia]], que era filla de [[Filipe de Suabia]], rei de [[Alemaña]], e neta do emperador [[Federico I Barbarroxa]]). Para encargarse da súa crianza foi designada como ama Urraca Pérez e como aio [[García Fernández de Villamayor]], que fora mordomo da raíña [[Berenguela de Castela|Berenguela]] e cuxa segunda esposa era Maior Arias de Limia. Con ambos esposos criouse en [[Villaldemiro]] e en [[Celada del Camino]].<ref>Afonso X afirmaba que estes ''me criaron e me fezieron muchos servicios e sennaladamiente... me criaron en Villaldemiro e en Celada''.</ref> {{Harvnp|Valdeón Baruque|2003|p=15}} Parte da súa infancia pasouna nas propiedades que tiñan os seus coidadores na comarca de [[Allariz]], concretamente no [[castelo de Maceda]] onde, segundo a tradición, aprendeu o [[lingua galega|galego]].<ref name=":0" /> <ref>[http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=7251&langId=gl_ES Castelo de Maceda], en Galicia. O bo camiño. Xunta de Galicia.</ref> <ref>Alfoso X: ''Cantigas de Santa María, códice rico de El Escorial. Ms., escurialense T. I. 1'', ed. de José Filgueira Valverde. Madrid: Castalia, 1985, p. XI. ISBN 978-84-7039-446-1.</ref> que utilizou nas ''[[Cantigas de Santa María]]'' compostas no seu ''scriptorium'' (escritorio) e, polo menos dez delas, seguramente debidas ao mesmo rei.<ref>Alfoso X: [http://books.google.es/books?id=38pQxcNEM6wC&lpg=PP1&client=firefox-a&pg=PA17#v=onepage&q=&f=false ''Cantigas de Santa María''. Vol. 1 (1-100)], ed. de Walter Mettmann. Madrid: Castalia (Clásicos Castalia), 1986, pp. 17-20. ISBN 978-84-7039-441-6.</ref> Xa na Corte de Toledo recibiu unha esmerada educación en múltiples campos, á vez que empezou a relacionarse cos herdeiros das principais familias nobres dos reinos de Castela e de León.
 
==== Campaña en Andalucía e batalla de Xerez (1231) ====
Liña 58:
{{Cita|Mandó a don Alvar de Castro, el Castellano, que fuese con él, para guardar el infante y por cabdillo de la hueste, ca el infante era muy moço e avn non era tan esfforçado, e don Alvar Pérez era omne deferido e muy esforçado.{{Harvnp|Martínez Díez|2000|p=306}}}}
 
Desde Salamanca, e pasando por [[Toledo]], onde se lles uniron corenta cabaleiros toledanos, dirixíronse cara a [[Andújar]] e, desde alí, encamiñáronse a devastar a terra de Córdoba, e posteriormente, a vila cordobesa de [[Palma del Río]], onde exterminaron a todos os habitantes e tomaron a localidade, dirixíndose a continuación cara ao Reino de Sevilla e cara a [[Jerez de la Frontera]], onde instalaron o campamento cristián nas proximidades do [[río Guadalete]].{{Harvnp|Martínez Díez|2000|pp=634-635}} O emir [[Ibn Hud]], que reunira un numeroso exército dividido en sete corpos, interpúxose con el entre o exército cristián e a cidade de Jerez de la Frontera, obrigando ás tropas de Afonso a combater. Durante a batalla que se librou a continuación, coñecida como a [[batalla de Jerez]], o exército de Afonso derrotou ás tropas musulmás, a pesar da superioridade numérica desatas.
 
Despois da súa vitoria na batalla de Xerez, Álvaro Pérez de Castro dirixiuse ao [[Reino de Castela]] e entregou ao infante Afonso a seu pai o rei, que se encontraba na cidade de [[Palencia]].
Liña 67:
 
==== Conquista dos Reinos de Murcia e de Sevilla ====
[[Ficheiro:Alfonso X el Sabio (Ayuntamiento de Sevilla).jpg|miniatura|180px|Retrato de Afonso X. Concello de [[Sevilla]] (séc. XIX).]]
 
Cumprida a maioría de idade aos dezanove anos, Afonso utiliza oficialmente o título de herdeiro e comeza a exercer actividades de goberno no [[Reino de León]]. Pouco despois, enfronta diversas operacións militares:
Liña 78:
 
Sendo Afonso un adolescente tratouse do seu matrimonio en dúas ocasións. A primeira foi en 1234 coa [[infanta]] [[Branca de Champaña]], filla do rei [[Teobaldo I de Navarra]].{{Harvnp|González|1986|pp=46-48, 54-57}} Posteriormente, con [[Filipa de Ponthieu]], irmá da súa madrasta a raíña [[Xoana de Ponthieu|Xoana]], para cuxo enlace o papa emitiu dispensa o 31 de agosto de 1237. Ambos os compromisos quedaron sen efecto e, en [[1240]], dous anos antes da toma da cidade de Sevilla, foi acordado o seu casamento coa [[infanta]] [[Violante de Aragón]], segundo consta no testamento de 1 de xaneiro de 1241 de [[Xaime I o Conquistador]], [[Reino de Aragón|rei de Aragón]], onde cita á súa filla como.
{{Cita|''Ioles, coniugi Alfonsi, primogeniti illustris regis Castellae''.}}
 
A voda do rei Afonso con Violante celebrouse o [[29 de xaneiro]] de [[1249]] na Colexiata de Santa María a Maior de [[Valladolid]]. A futura raíña estivo a punto de ser repudiada por estéril, pero quedou embarazada tras repousar na cidade de [[Alacant]] tras a súa conquista en [[1248]].
Liña 95:
Afonso X pretendía renovar e unificar os diversos foros que rexían nos seus dominios. Para lograr este obxectivo, o primeiro paso foi a redacción do ''Foro Real'' para as cidades do país.
 
''O espéculo das leis'' foi a primeira redacción dun código legal unificado, na liña do ''Foro Real''. Foi promulgado en [[1255]]. Porén, ao ano seguinte chegou unha embaixada da cidade italiana de [[Pisa]] ofrecendo a Afonso o seu apoio para optar ao trono do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
O rei castelán decidiu entón que o seu equipo de xuristas elaborara un novo código legal ampliado, baseado no ''Espéculo'' e no [[Dereito romano]]-[[Código de Dereito Canónico|canónico]].
 
Trátase das ''[[Sete Partidas]]'', redactadas entre 1256 e 1265, e das que se chegou a dicir que son, pola súa calidade e transcendencia interna e exterior, equiparábeis no mundo do [[dereito]] ao que foi a obra de [[Santo Tomás de Aquino]] para a [[teoloxía]].<ref>José Manuel Pérez-Prendes Muñoz-Arraco (2004): ''Historia del Derecho español'', tomo II, p. 839, Madrid: Facultad complutense de Derecho.</ref>
Liña 109:
[[Ficheiro:Castillo de San Marcos 2, mayo de 2009.jpg|miniatura|Estatua de Afonso X xunto ao Castelo de San Marcos. [[Puerto de Santa María]].]]
 
Sen dúbida, o labor máis importante neste ámbito emprendida polo monarca foi a repoboación do antigo [[Reino de Sevilla]], que permitiu consolidar as conquistas de Fernando III. Nada máis renderse a cidade hispalense, procedeu ao reparto das casas do seu casco urbano e das terras dos arredores entre os soldados das hostes reais e nobiliarias, así como entre xentes procedentes de todos os recunchos da [[Coroa de Castela]]. Este modelo de repoboación, que baleirou de musulmáns aquelas localidades que foran tomadas pola forza ou que capitularon tras un sitio (caso das principais cidades do [[Guadalquivir|vale do Guadalquivir]]), que conviviu co mantemento da poboación autóctona en diferentes zonas. Moitas localidades das serras de Xaén e Córdoba, e outras dos campos e chairas, rendéronse aos casteláns mediante capitulación, pola cal estes facíanse cargo das súas fortalezas e do cobro de impostos, mentres que os [[mudéxar]]es conservaban certa autonomía política e relixiosa.
 
Este sistema non foi viábel despois da [[#revolta mudéxar|revolta mudéxar]] de [[1264]]. A expulsión que se produciu de musulmáns nas terras andaluzas e o esgotamento demográfico dos reinos de Castela e de León, tivo como consecuencia unha baixísima densidade de poboación no sur da península, que non puido ser paliada polo labor repoboador de Afonso X na comarca do [[Guadalete]] e na [[baía de Cádiz]], nin polas iniciativas señoriais na fronteira co [[Reino de Granada|Reino nazarí de Granada]]. Finalmente, os repoboadores concentraríanse nas grandes cidades do val do Guadalquivir.
Liña 127:
=== Política exterior ===
==== A cuestión do Algarve ====
Durante todo o seu reinado Afonso X titulouse "Rei do [[Algarve]]". A orixe desta atribución é escura. Segundo algúns autores, como o Marqués de Mondéjar, o Algarve sería doado a Afonso por [[Sancho II de Portugal]] en pagamento polo apoio que o castelán lle dera en 1246 contra aquel que terminaría por apartalo do goberno, o seu irmán [[Afonso III de Portugal]] (coñecido tamén como Afonso de Boloña). Para outros, como José Mattoso,<ref>"As relações de Portugal com Castela no reinado de Afonso X, o Sábio", ''Fragmentos de uma composição medieval''. Lisboa: 1987, 73-94.</ref> a reivindicación do rei castelán sobre as terras ao sur de [[Lisboa]] reflectían o desexo de ver recoñecida a súa superioridade feudal sobre o monarca portugués; outros, tamén se ven os dereitos de Afonso X no Algarve aos obtidos polo rei da Taifa de Niebla. Sexa como for, tras a subida ao trono de Afonso X de Castela, iniciouse unha guerra entre ambos os reis polo control do Algarve. O conflito finalizou en [[1253]] ao acordaren o matrimonio do rei portugués cunha filla, ilexítima, do rei Afonso X, [[Beatriz de Castela|Beatriz]], e a entrega dun usufruto sobre o Algarve en beneficio do rei castelán até que o fillo dese matrimonio alcanzara os sete anos de idade.<ref>{{cita libro|apelidos=Livermore|nome=H. V.|título=A History of Portugal|url=http://books.google.es/books?id=fHI3AAAAIAAJ&lpg=PA136&dq=&hl=es&pg=PA136#v=onepage&q=&f=false|editorial=Cambridge University Press|ano=1947|páxina=136}}</ref> {{Harvnp|O’Callahan|1983|p=369 }}
 
En 1260 Afonso X engadiu aos seus títulos o de rei de Algarve. Pero en 1263, ratificado en 1264,{{Harvnp|Martin e Fernández- Ordóñez|2003|p=57 }} cedeu o usufruto do Algarve ao seu neto [[Dionisio I de Portugal|Dionisio]], herdeiro do rei portugués, a cambio de un vasalaxe militar.{{Harvnp|O’Callahan|1983|p=368}} {{Harvnp|Martin e Fernández-Ordóñez|2003|p=57 }} En 1267, o [[tratado de Badaxoz (1267)|tratado de Badaxoz]] de 1267 liquidou este tributo militar e fixáronse as fronteiras no [[río Guadiana]].
Liña 136:
{{VT|Güelfos e xibelinos#O Interregno}}
 
Á morte do [[rei dos Romanos]] [[Guillerme de Holanda]] en xaneiro de [[1256]] produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte rei dos Romanos. En marzo, a cidade de [[Pisa]] enviou unha [[embaixada]] ao [[Reino de Castela|rei de Castela]] Afonso X o Sabio, que os recibiu en [[Soria]], ofrecéndolle a súa submisión e o seu apoio como cabeza da [[Hohenstaufen|casa de Suabia]] (ou [[Hohenstaufen]]) e como xefe do partido [[xibelinos|xibelino]], oposto ao papa; deste xeito Pisa compensaba os beneficios da súa rival [[Xénova]]. O rei castelán deu a súa aprobación para ser elixido rei dos Romanos, paso previo á coroación polo papa como emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Pero o [[reino de Inglaterra|rei de Inglaterra]] [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]] propuxo ao seu irmán [[Ricardo de Cornualles]] como candidato. Por outra parte estaba o complexo sistema de elección do emperador, que correspondía a sete [[electorado|príncipes electores]] alemáns.
 
[[Ficheiro:Alfons X.jpg|miniatura|Afonso X o Sabio, [[rei dos Romanos|rei electo dos Romanos]]. Miniatura do ''Libro de retratos de los Reyes'', 1594.]]
Liña 142:
[[Ficheiro:Battle of Benevento 2.jpg|miniatura|Batalla de Benevento.]]
 
Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o [[1 de abril]] os partidarios de Afonso, o arcebispo de [[Tréveris]], o [[Electorado de Saxonia|duque de Saxonia]], xunto cos poderes outorgados polo [[margrave]] de [[Brandeburgo]] e polo [[Reino de Bohemia|rei de Bohemia]] [[Otakar I de Bohemia|Otakar I]], elixiron rei dos Romanos a Afonso en [[Frankfurt]]. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante deu o seu voto a ambos os candidatos. O rei castelán distribuíu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa en [[Alemaña]]; pero en [[Italia]], o papa [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo [[Ezzelino da Romano]] era partidario de Afonso.<ref>{{cita libro | apelidos= Valdeón Baruque | nome= Julio | título= Alfonso X el Sabio: La forja de la España moderna | url= http://books.google.es/books?id=xxb-sdibJGMC&lpg=PT68&dq=&hl=es&pg=PT68#v=onepage&q=&f=true | editorial= Grupo Planeta | ano= 2011 | páxina= 68 | isbn= 9788499980461}}</ref> A pesar de todo, Afonso X enviou unha embaixada ao papa para lograr a súa lexitimación, aquietando as suspicacias do papa acerca do seu xibelinismo, nada extremista.
 
Tres electores votaron por [[Ricardo de Cornualles|Ricardo]] (ademais do voto duplo de Otokar). O inglés viaxou a [[Aquisgrán]], onde foi coroado como [[rei dos Romanos]] xunto á tumba do primeiro emperador medieval de Europa Occidental, [[Carlomagno]]. O castelán, en cambio, permaneceu nos seus reinos, co que perdeu a súa oportunidade de facer valer a súa elección como rei dos Romanos. Nunca pisaría terra alemá.
Liña 148:
Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno a [[Manfredo de Sicilia]], recentemente coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]], sen que o papa estivera disposto a recoñecelo, posto que o excomungara. Nese momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia, e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza. Tras unha sede vacante de tres meses, o [[Patriarcado Latino de Xerusalén|patriarca de Xerusalén]], Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como [[Urbano IV]] (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que ningún dos dous puidera sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitira demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.<ref>{{cita libro | apelidos= Suárez Fernández | nome= Luis | título= Historia de España Antigua y Media | url= http://books.google.es/books?id=oM93XvTFdPIC&pg=PA156&dq=&as_brr=3#v=onepage&q=&f=false | editorial= [[Rialp]] | ano= 1976 | páxina= 156 | volume= 2 | isbn= 9788432118821}}</ref>
 
Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se adherisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo que establecera Alexandre IV, e púxose en mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do rei [[Luís IX de Francia|Luís IX]] para que o seu irmán [[Carlos de Anjou]] asinara un acordo o [[15 de agosto]] de [[1264]] co papa, no que aceptaba a investidura do [[Reino de Sicilia]] e, mentres, Urbano IV seguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente a [[Orlando Bonsignori]], que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses de [[Pedro III de Aragón]], casado coa filla de Manfredo [[Constanza II de Sicilia]], e que tamén aspiraba a este Reino.
 
Mentres que o exército [[Casa de Anjou|anxevino]] avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] o [[6 de xaneiro]] de [[1266]] por cardeais designados polo papa. Cando o exército anxevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxevinos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]], onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.
 
Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixadores casteláns, aproveitando que o [[infante]] [[Henrique de Castela]] apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, exerceron presión sobre Clemente IV para que pronunciara a sentenza a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.
Liña 161:
[[Ficheiro:Reales Atarazanas de Sevilla. Lápida.jpg|miniatura|Lápida nas ''Atarazanas Reales de Sevilla''.]]
 
Nos comezos do seu goberno, Afonso X retomou un vello proxecto do seu pai, o de continuar a [[Reconquista]] alén do [[estreito de Xibraltar]]. Para iso finalizou as grandes atarazanas reais de [[Sevilla]], que foron os maiores estaleiros de [[Europa]] na época, para construír a frota necesaria para a invasión de [[África]], nomeou un ''almirante maior do mar'', e conseguiu de [[Roma]] a autorización para predicar a [[Cruzadas|Cruzada]] en Castela, o que significaba poder recadar diñeiro a cambio de beneficios espirituais. Nomeáronse incluso cargos episcopais para as futuras dioceses [[Magreb|magrebísmagreb]]ís, e iniciáronse contactos diplomáticos con distintos reis do [[Norte de África]].
 
Pero a pesar de todos estes preparativos, non se emprendeu a invasión a gran escala do [[Magreb]]. Todo se reduciu a unhas poucas expedicións de rapiña e á toma dalgunha praza costeira illada. A incursión máis coñecida foi a de [[Salé]], importante porto marroquí (é o ''porto'' de [[Rabat]]) saqueado no verán de [[1260]] pola frota do almirante [[Juan García de Villamayor]] (fillo de García Fernández de Villamayor, o aio de Afonso X). Pero o obxectivo principal desta Cruzada, [[Ceuta]], permaneceu en mans islámicas.
Liña 205:
** [[Violante de Castela]] (1265-?), casou con [[Diego López V de Haro]], [[Señorío de Biscaia|señor de Biscaia]].
** [[Xaime de Castela]] (1267-1284), [[señor dos Cameros]].
 
* Estando xa casado Afonso tivo os seguintes fillos de nai descoñecida, ambos os dous menores de idade cando seu pai outorgou testamento en xaneiro de 1284:
** Martín Afonso, abade en Valladolid, mencionado como irmán de Urraca Afonso no codicilo do testamento do rei.
Liña 224 ⟶ 223:
[[Ficheiro:Alfonso X.jpg|miniatura|Afonso X no Prólogo do ''Códice Rico das [[Cantigas de Santa María]]''.]]
 
Desde a súa xuventude, antes de 1252, data en que foi coroado rei, o príncipe Afonso, ademais de escribir [[cantigas de escarnio]] en [[galego-portugués]] e, moi probabelmente, algúns himnos de loor a [[Virxe María]], auspiciou a tradución dun [[libro]] de [[conto]]s exemplares (o ''[[exemplum|exempla]]'') en castelán: o ''[[Calila y Dimna]]''.
 
Xa maior, mandou chamar á súa Corte a [[trobador]]es como o [[Xénova|xenovés]] que escribía en [[occitano]] e galego-portugués [[Bonifaci Calvo]], os [[Cataluña|cataláns]] [[Arnaut Catalán]] e [[Cerverí de Girona]], os franceses [[Guiraut Riquer]] e [[Peire Cardenal]] e os [[Galicia|galegos]] [[Airas Nunes]], [[Pero da Ponte]] e [[Afonso Eanes do Coton]]; tamén houbo poetas hispanohebreos famosos que lle dedicaron eloxgios en verso, como o toledano [[Todros Abulafia]], autor dun vasto [[cancioneiro]] composto durante o seu reinado, aínda non traducido ao español. Até [[Giovanni Boccaccio]] úsao como personaxje central no primeiro conto da última xjornada do seu ''[[Decamerón]]'', onde alaba a súa xenerosidade.<ref>''Cf''. Carlos Alvar, ''La poesía trovadoresca en España y Portugal''. Madrid: Editorial Planeta, Real Academia de Buenas Letras, 1977 e Joseph F. O'Callaghan, ''The Learned King: The Reign of Alfonso X of Castile''. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993.</ref>
Liña 234 ⟶ 233:
* As ''[[Cantigas de Santa María]]'' son un conxunto de cancións líricas, escritas en galego-portugués e acompañadas de notación musical e unhas notables ilustracións que están entre o mellor da pintura de seu tempo.
* O ''Lapidario'' versa sobre as propiedades [[mineral|minerais]], e
* O ''[[Libro dos xogos]]'' sobre temas lúdicos ([[xadrez]], [[dado]]s e tabas, [[deporte]]s da nobreza daquel tempo.
 
A intervención do rei foi ás veces directa e ás veces indirecta, pero indudabelmente foi o arquitecto destas obras:
Liña 297 ⟶ 296:
|31= 31.
}}</center></div></div>
 
 
 
{{Sucesión
Liña 312 ⟶ 309:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 358 ⟶ 355:
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Día das Letras Galegas]]