Pierre André Latreille: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Place Latreille Brive.JPG|miniatura|210px|Casa natal de Latreille en Brive.]]
 
'''Pierre André Latreille''', nado en [[Brive-la-Gaillarde]] (no [[Lemosín]], hoxe no [[Departamentos franceses|departamento]] de [[Corrèze]]) o [[20 de novembro]] de [[1762]], e falecido en [[París]] o [[6 de febreiro]] de [[1833]], foi un [[sacerdote]] [[catolicismo|católico]] e un notábel [[entomoloxía|entomólogo]] [[Francia|francés]].
 
Moitos dos [[taxon]]s hoxe en uso manteñen o nome que el lles deu nos seus traballos de descrición de [[insectos]].
 
== Traxectoria ==
Fillo ilexítimo do barón d'Espagnac (gobernador dos [[Os Inválidos|Inválidos]] en 1766), foi abandonado ao nacer pola súa nai, e criado no seo dunha familia humilde. Fixo os seus estudos en París no Colexio do cardeal Lemoine, onde entrou en 1778. Ordenado como [[diácono]] en 1786, e despois como [[presbítero]], regresou a [[Brive-la-Gaillarde|Brive]], onde se dedicou, coa axuda financeira do seu pai biolóxico, ao estudo dos insectos.
 
En 1788 regresou a París e foi un activo membro da [[comunidade científica]]. A súa ''Mémoire sur les mutilles découvertes en Francia'' fixo que o admitiran como membro correspondente da Sociedade de Historia Natural.
 
Como sacerdote con inclinacións conservadoras, a [[Revolución francesa]] fixo que pasara un momento incómodo: tivo que deixar París e foi levado preso a [[Bordeos]]. En 1796 publicou ''Précis des caractères génériques des insectes, disposés dans un ordre naturel'' en Brive.
 
Despois de abandonar o sacerdocio, en 1798 ordenou a colección [[entomoloxía|entomolóxica]] do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, de París, recentemente organizado, onde sucedeu a [[Lamarck]] como profesor. En 1814 foi nomeado membro da Academia das Ciencias ocupando a cadeira vacante tras a morte de [[Guillaume-Antoine Olivier]].
 
En 1821 foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honor.
 
En 1825 publicou ''Familles naturelles du règne animal'', onde separou os [[anfibios]] dos [[réptiles]], seguindo os traballos de [[Alexandre Brongniart]].
Liña 43:
 
== Abreviatura ==
A abreviatura '''Latreille''' emprégase para indicar a {{PAGENAME}} como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
 
{{ORDENAR:Latreille, Pierre André}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Latreille, Pierre André}}
[[Categoría:Científicos de Francia]]
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]]
[[Categoría:Nados en 1762]]
[[Categoría:Finados en 1833]]
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Francia]]