Tombos da Catedral de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4227703 de Xoio (conversa)
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 1:
 
Os '''tombos da Catedral de Santiago de Compostela''' son uns documentos medievais conservados no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela]].
 
==Características==
[[Ficheiro:AlfonsoVI of Castile.jpg|miniatura|180px|Miniatura do rei [[Afonso VI de León|Afonso VI]].<br>[[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|''Tombo A'']], [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santigo]].]]
 
Desde o mesmo momento da ''inventio'' ou descubrimento no [[século IX]] da tumba apostólica, o enorme desenvolvemento político e socioeconómico da nova institución eclesiástica que velaba polo enclave foi impoñendo a conservación, como garante dos seus dereitos, de todo tipo de documentación: real, pontificia, eclesiástica e civil; unha documentación integrada, canda os volumes e códices existentes no ''thesaurum'' medieval, recompilados polo primeiro bispo (e despois arcebispo) [[Diego Xelmírez]], na primeira metade do [[século XII]], que foi o primeiro que desenvolveu unha ordenación minimamente arquivística do conxunto, cunha selección de documentación, organización da mesma e copia en novos soportes, dando lugar a volumes como o Tombo A (séculos XII-XIII) na súa primeira fase, cartulario coa documentación rexia dos séculos IX-XIII e cunha galería de miniaturas de reis, raíñas e infantas de [[Reino de Castela|Castela]] e [[Reino de León|León]]. Desta centuria destaca tamén o famoso [[Códice Calixtino]], pedra angular da historia medieval xacobea.
 
É de salientar tamén o traballo desenvolvido, dous séculos despois, no primeiro cuarto do [[século XIV]], polo arcebispo [[Berenguel de Landoira]] que, tras sufocar unha revolta urbana en [[Santiago de Compostela]], emprendeu un segundo labor de ordenación, sobre a mesma base de selección, ordenación, organización e copia de documentación para renovar o soporte. Así, prodúcense os tombos B e C, con documentación real, pontificia, eclesiástica e civil. Así, aos poucos, e co paso dos séculos, foise conformando unha masa documental integrada por documentación en tombos, documentos soltos e, posteriormente, atados de época moderna e contemporánea.
 
Entre os documentos medievais, destacan os seguintes:<ref>{{Cita web|url=http://gmh.consellodacultura.org/fileadmin/arquivos/publicos/CDMO/doc_eclesiastica_galega.pdf|páxina-web=Gallaeciae Monumenta Historica: Consello da Cultura Galega|título=A documentación eclesiástica galega|data-acceso=9 de marzo de 2017}}</ref>
Liña 15 ⟶ 14:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
==Véxase tamén==