Artello (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos varios
m Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 2:
[[Ficheiro:Aranna pata.png|miniatura|'''Artellos''' da pata dunha [[araña]]: '''1.''' Coxa. '''2.''' Trocánter. '''3.''' Fémur. '''4.''' Patela. '''5.''' Tibia. '''6.''' Metatarso. '''7.''' Tarso. '''8.''' Pretarso (uñas).]]
 
En [[zooloxía]] chámase '''artello''' (voz patrimonial),<ref>[http://academia.gal/dicionario/#loadNoun.do?current_page=1&id=2453664 '''artello'''] no dicionario da [[RAG]].</ref> <ref>Nieto Nafría, J. M. e Mier Durante, M. P. (1985): ''Tratado de Entomología''. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-0748-8, p. 599.</ref> <ref>VV. AA. (2009): ''Gran dicionario Xerais da lingua''. Volume 1. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-09914-071-1.</ref> ou '''artículo''' <ref>[http://dle.rae.es/?id=3rJMpsE '''artículo'''], 1ª acep. no [[DRAE]]</ref> (termo culto derivado do [[latín]] ''articŭlus'', "articulación", "xuntura dos ósos" (ou dos membros) (e "os mesmos membros"), "nó" (dos dedos ou das plantas), "parte", "división",<ref>En latín, ''articŭlus, -i'' (s. m.) é o diminutivo de ''artūs, -uum'' (s. m. pl.), "as articulacións", "os membros ou extremidades" (do corpo), e, en poesía "o corpo enteiro").</ref> a cada unha das partes en que se dividen os [[apéndice (artrópodos)|apéndices]] —[[pata (artrópodos)|patas]], [[antena (artrópodos)|antenas]] , [[palpo]]s etc.— dos [[artrópodos]]. Ambas as voces úsanse tamén en [[botánica]].
 
== En botánica ==
Liña 13:
 
== Nos artrópodos ==
Os artrópodos caracterízanse pola súa [[simetría bilateral]], pola metamerización, é dicir, a división do seu [[corpo]] en segmentos ou [[metámero]]s, polos seus apéndices articulados, e polo seu [[exoesqueleto]]. Na maior parte deles os metámeros poden diferir polo seu desenvolvemento, a súa estrutura ou a súa función, e tamén poden ser distintos nas diversas rexións do corpo (cabeza, tórax e abdome, algunhas veces, como en [[crustáceos]] e [[arácnidos]], fusionadas as dúas primeiras formando un [[cefalotórax]]). En todos os metámeros que compoñen o seu corpo, excepto o [[ácron]] e o [[telson]] ou pixidio, posúen tipicamente un par de apéndices articulados co corpo e constituídos por unha sucesión de partes, os ''artellos'' ou ''artículos'', articulados entre si, que é precisamente a característica á que deben o seu nome. Estes apéndices, fundamentalmente semellantes entre si, foron destinados en principio para a [[locomoción]], pero no curso da [[evolución]], por un lado, desapareceron algúns e, por outro, diversificáronse en relación coas distintas funcións que debían desempeñar. Os apéndices articúlanse no segmento comprendido entre o ''[[terxito]]'' e o ''[[esternito]]'', e ocupan unha posición lateral se estes están igualmente desenvolvidos, pero desprázanse ventralmente se o esternito se reduce.<ref name=D'Ancona>D'Ancona, H. (1972), pp. 621-624.</ref> <ref name=Grassé>Grassé ''et al.'' (1976), pp.485-499.</ref>
 
Cada apéndice está constituído normalmente por un número determinado de ''segmentos'', os artellos ou artículos, articulados entre si e móbiles con relación ao segmento precedente mediante [[músculo]]s propios. Ademais, os artículos dos apéndices pódense agrupar en ''seccións'' fundamentais, que probabelmente representan a pegada dunha subdivisión primaria do apéndice primitivo dos artrópdos, á que se sobrepón, no curso da evolución, unha subdivisión secundaria correspondente aos segmentos actuais. Inicialmente, o apéndice debeu de estar constituído por unha peza basal, o ''coxito'', e por outra distal, o ''telopodio'' ou telopodito, que moi pronto se subdividiría en dúas seccións: ''femoral'' e ''tibial''. Finalmente, cada unha destas tres seccións alcanzaría a actual estrutura en segmentos ou artellos:
Liña 35:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 49:
=== Outros artigos ===
* [[Artrópodos]]
 
 
{{Control de autoridades}}