José Alberto de Oliveira Anchieta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 1:
 
[[Ficheiro:Laboratory-anchieta.gif|miniatura|Laboratorio de Anchieta en Caconda.]]
'''José Alberto de Oliveira Anchieta''', nado o [[9 de outubro]] de [[1832]] en [[Lisboa]], e finado o [[14 de setembro]] de [[1897]] en [[Caconda]], [[Angola]], foi un [[exploración|explorador]] e [[naturalista]] [[Portugal|portugués]].
Liña 6 ⟶ 5:
Anchieta naceu en [[1832]] en Lisboa, e comezou os seus estudos de [[matemáticas]] na Universidade de [[Coímbra]]. Debido á súa tenaz independencia e ao seu carácter excéntrico, porén, non se adaptou ben á universidade e trasladouse á Escola Politécnica de [[Lisboa]]
 
En [[1857]] un dos seus amigos máis cercanos trasladouse a [[Cabo Verde]], colonia portuguesa no [[océano Atlántico]] ao oeste de [[África]] e Anchieta foi a reunirse con el. Alí pasou o seu tempo estudando a [[flora]] e a [[fauna]] da [[illa de Santo Antão]], a máis oriental do [[arquipélago]], e finalmente terminou axudando aos seus habitantes como ''médico afeizoado'' (el tiña estudado algúns [[medicamento]]s). Unha [[epidemia]] de [[cólera]] matou á maioría dos habitantes da iila, e el case morreu tamén, pero puido volver a Portugal despois de dous anos.
 
Despois, de acordo co que el cría que era a súa vocación, estudou [[medicina]] en Lisboa, [[Londres]] e [[París]], pero non puido completar a carreira e volveu a África, esta vez a [[Angola]], a maior das colonias da [[África Occidental Portuguesa]], en [[1865]], xa a casado, e a súa esposa acompañouno. Permaneceu na rexión de [[Benguela]], establecendo un laboratorio dentro das ruínas dunha igrexa, dedicándose á exploración e á recollida de animais, até que, en [[1867]], o [[Portugal|goberno portugués]] o contratou como [[naturalista]], aínda que o máis probábel é que Anchieta fora recrutado como axente secreto e informador.<ref>Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2014): ''The Eponym Dictionary of Birds''. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-4-7290-5734-1.</ref>
 
Anchieta viviu en Angola até [[1897]], data da súa morte. Tivo éxito como explorador do interior e como naturalista e, despois de estudar e recoller numerosas novas especies [[animais]] e [[plantas]], regresou a [[Portugal]]. Aínda que a maioría das súas coleccións se perderon cando a súa canoa naufragou nun río, doou o que quedaba ao Museo de Historia Natural da Escola Politécnica lisboeta, onde os espécimes foron examinados e catalogados por [[zoólogo]]s e [[botánico]]s, particularmente por [[José Vicente Barbosa du Bocage]].
 
Moitas das [[especie]]s de [[mamíferos]], [[aves]], [[réptiles]], [[anfibios]], e [[peixes]] descritos por el eran descoñecidos até a data e así foron nomeados ''anchietae'' na súa honra por Bocage e outros.
 
Anchieta foi o máis importante [[exploración|explorador]] de Angola no [[século XIX]]. Era curiosa a súa biblioteca, non só porque ''[[As mil e unha noites]]'' cohabitaban con obras científicas, entre elas, nas que fundamentou o seu traballo, como ''Ornithologie d'Angola'' e ''Herpéthologie d'Angola et du Congo'', de J. V. Barboza du Bocage.
<ref name=G>[http://triplov.com/editorial/anchieta.htm Maria Estela Guedes: José de Anchieta, o feiticeiro. O naturalista José de Anchieta] en Triplov.com {{pt}}.</ref>
 
Publicou algúns artigos, pero non foi é iso o que o caracterizou. Desde o punto de vista científico, non era un [[naturalista]] de gabinete, senón un naturalista de campo, un explorador, polo tanto eran outros os que escribía, el sobre todo lía, non publicaba.<ref name=G/>
 
En total, segundo Bocage, Anchieta foi o responsábel de identificar 25 novas especies de mamíferos, 46 de aves e 46 réptiles e anfibios. Non lle importaba moito escribir artículos científicos, porén deixou esta tarefa aos seus colegas de Lisboa, cos que mantiña correspondencia.
Liña 44 ⟶ 43:
* Guedes, M. E.: [http://triplov.com/editorial/anchieta.htm José de Anchieta, o Feiticeiro]. En Triplov.com {{pt}}.
* [http://www.triplov.com/hist_fil_ciencia/anchieta/aves.htm José de Anchieta, explorador de Angola. Especies descubertas por Anchieta e descritas por J. V. Barbosa du Bocage.] en Triplov.com
* Barboza du Bocage, J. V. (1987): [http://triplov.com/hist_fil_ciencia/anchieta/bocage/index.htm José d'Anchieta, explorador de Angola] (facsímile) {{pt}}.
 
{{ORDENAR:Anchieta, Jose Alberto de Oliveira}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Anchieta, Jose Alberto de Oliveira}}
[[Categoría:Científicos de Portugal]]
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]]