Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

sen resumo de edición
Ás súas fulminantes vitorias obrigaron o [[Imperio Austrohúngaro]] a pedir a fin das hostilidades. Napoleón impuxo as súas propias condicións sen ter en conta o Directorio. O 17 de outubro de 1797, asinouse a [[Paz de Campoformio]], que obrigaba a [[Austria]] a ceder a beira esquerda do Rin, [[Bélxica]] e Milán. Desaparece a [[República de Venecia]] que, como contrapartida, é outorgada a Austria.
 
Napoleón creou a [[República Cisalpina]] con capital en Milán e a [[República de Ligur]] con capital en [[Xénova]], a [[República Helvética]], a [[República Romana]] e a [[República Partenopea]]. Outórgalles constitucións de nidia inspiración revolucionaria e convérteas en satélites de Francia. Neutraliza a [[Nápoles]]. O Papapapa [[Pío VI, Papa|Pío VI]] é detido. O resultado das vitorias supuxo un alivio financeiro para o Directorio e a fin da hexemonía de Austria sobre o norte de Italia.
 
=== Campaña de Exipto ===
En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.En 1803, outorgou aos cantóns suízos un texto constitucional denominado Acta de Mediación que restablecía o réxime confederal nunha República Helvética satélite de Francia pero mantiña os avances revolucionarios importados desta como a supresión das aduanas interiores.
 
Os triunfos militares consolidaron a súa posición. No interior tanto a oposición xacobina como a realista organizaron varios complots. O [[24 de decembro]] de 1800, un estoupido ao paso da carruaxe do primeiro cónsul causou 22 mortos, pero o atentado non acadou o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao tempo que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón foi elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría deu lugar ao paso definitivo: O [[2 de decembro]] de [[1804]], coroouse como Emperador de Francia en [[Notre Dame de París]] baixo o nome de '''Napoleón I'''. Á solemne cerimonia asistiu como testemuña o [[Pío VII, Papa|Papapapa Pío VII]]. Esvaíase así o ideal revolucionario.
 
=== Goberno ===
Elaborouse unha Constitución redactada por [[Emmanuel Joseph Sieyès|Sieyes]]: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
 
A Igrexa foi expulsada do ámbito educativo. A educación inculcaba á fidelidade ao novo réxime. O Papapapa Pío VII, asinou o [[Concordato de Roma|Concordato]] (1801) que evitaba a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado. En 1800 creouse o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.
 
Comezaba unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto de [[Cherburgo-Octeville|Cherburgo]] e [[Antuerpen]], novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da Prazapraza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias etc.
 
No ámbito do dereito garantíanse as liberdades civís mediante a promulgación do [[Código Civil]], o [[Código Penal]], o [[Código de Comercio]] e o Código de Instrución Criminal. Pero as liberdades políticas foron afogadas pola [[censura]], a subordinación do poder xudicial e a hexemonía do aparello policial.
No ámbito social, parte da nobreza retornou e compartiu coa alta burguesía a configuración dunha nova clase dirixente. Co nacemento do Imperio francés, xurdiu un novo espírito cortesán.
 
En 1810, Napoleón casou coa filla de [[Francisco I de Austria]], María LuisaLuísa, co propósito de facer agromar unha nova dinastía imperial.
 
=== Dono de Europa ===
O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na [[terceira batalla do cabo Fisterra]] e de Nelson en [[Batalla de Trafalgar|Trafalgar]], consolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
 
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe LuisLuís Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena|Iena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
 
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando [[Polonia]] como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxica [[Dantzig]], o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
En 1807, decretouse o bloqueo continental contra Inglaterra. Ocupáronse os países que non o acataron: Portugal, Roma, Etruria, Holanda e Wetsfalia. [[Luís Bonaparte]] foi proclamado rei de Holanda, e [[Xerome Bonaparte]] rei de Wetsfalia.
 
O [[27 de outubro]] de 1807 asinou con España o Tratado de Fontainebleau no que acorda a división de Portugal. Un exército de 100.000 homes ocupou España e, tras o [[Motín de Aranjuez]], abdicou [[Carlos IV de España|Carlos IV]] en [[Fernando VII]]. Ámbolos dous renunciaron en Baiona e Napoleón proclamou rei de España o seu irmán [[Xosé Bonaparte]], recoñecido polo Consello de Castela. Porén a [[Xunta do Reino de Galicia]] e outras xuntas subleváronse e apareceu unha resistencia de carácter popular. Iniciouse o que se coñece como a [[Guerraguerra da Independencia española]]
 
=== Napoleón en España ===
Austria viuse obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perdeu gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia, amais de renunciar a toda saída ao mar. Austria foi de novo humillada, pero Europa comprobou que Napoleón non é invencible.
 
Napoleón buscou selar unha alianza perpetua cos Habsburgo, e o [[1 de abril]] de [[1810]] casou coa arquiduquesa de Austria María LuisaLuísa, filla de [[Francisco II]]. Vencellábanse así as monarquías máis nova e máis vella de Europa. O herdeiro que Napoleón buscaba naceu o [[20 de marzo]] de [[1811]]. Outorgaríaselle o título de [[Rei de Roma]]. Con [[André Masséna|Masséna]] controlando a axitada España, toda Europa volvía estar aos pés do Imperio francés.
 
=== Campaña de Rusia ===
10.308

edicións